A delegada territorial na provincia de Lugo, Raquel Arias, participou este martes, xunto co alcalde de Cervo, Alfonso Villares, no acto de clausura organizada polo Concello para despedir ós 12 mozos traballadores que participaron no programa de Formación Dual promovido pola Xunta en colaboración con este municipio mariñán.
Esta iniciativa pioneira, especialmente dirixida aos menores de 30 anos con baixa cualificación, combina un contrato laboral cunha formación de calidade “co obxectivo”, segundo especificou a delegada territorial, “de favorecer a redución do desemprego xuvenil“. Neste caso concreto, esa formación centrouse en Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
“A Formación Dual”, explicou Arias, “permitiu a estes mozos desempregados participantes un traballo remunerado, acorde co convenio colectivo correspondente, e unha formación, vinculada á demanda real do mercado laboral, que os acredita cun certificado de profesionalidade”. Ademais, dado que pasaron a formar parte da plantilla da administración local, realizaron as prácticas executando obras ou servizos de interese para o propio concello. “A administración local, a máis próxima aos cidadáns, actuou como tal nunha triple dirección: como entidade formadora, contratante e beneficiaria das actuacións desenvolvidas”, subliñou Raquel Arias.
“Pero o máis importante, por riba do contrato que vides de rematar, é que agora estades en mellores condicións para mantervos no mercado laboral”, salientou a delegada territorial. “Felicítovos por ter aproveitado esta oportunidade, ao igual que ao Concello de Cervo por dárvola apostando por este programa”.
A Xunta, a través deste programa de Formación Dual, subvenciona os contratos de formación formalizados polos concellos, aportando un máximo de 2.000 euros por cada un, ademais de facerse cargo do custo derivado das cotizacións á Seguridade Social dos traballadores e do custo da formación asociada a estes contratos, que exceda o 25% da xornada laboral.
Na provincia de Lugo foron cinco os concellos que se adscribiron a esta iniciativa, da que se beneficiaron 62 mozos. Ademais do de Cervo, o primeiro en rematar o programa, sumáronse tamén a el os de Palas de Rei, Begonte, Outeiro de Rei e As Nogais.
Formación axeitada ás necesidades
Os doce alumnos traballadores de Cervo especializáronse en Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, que tras 230 horas de formación os acredita cun certificado profesional de nivel 1, pero ademais recibiron outras 433 horas de formación complementaria en prevención de riscos laborais; sensibilización medioambiental; manexo e usos da maquinaria lixeira en podas; medios e medidas destinadas á prevención de incendios e medios e traballos auxiliares de inventariado no seguimento do hábitat.
Os 13 alumnos contratados no Concello de As Nogais ao abeiro deste programa, que rematarán a vindeira semana, efectuaron as súa prácticas nas zonas axardinadas do municipio. Especializáronse en Limpeza de espazos aberto e instalación industrial, Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría (en ambos casos obterán certificado de profesionalidade de nivel 1) e en Xestión de residuos urbanos e industriais, que os acreditará cun certificado de nivel 2.
Operacións auxiliares de preparación de terreo, plantación e sembra de cultivos agrícolas; preparación do terreo, sembra e transplante de cultivos herbáceos; seguridade e saúde; sensibilización medioambiental e igualdade conforma os contidos da súa formación complementaria.
Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, xunto con operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas, é a formación que están a recibir os 11 alumnos participantes no programa dual que se está a desenvolver no Concello de Palas de Rei e que rematarán a primeiros do vindeiro mes de novembro.
A súa actividades formativa, ademais da que corresponde aos citados certificado de profesionalidade nivel 1, tamén reciben formación complementaria en prevención de riscos; repoboación, traballos silvícolas e de protección do monte; operacións auxiliares en xardíns e manexo e mantemento de maquinaria forestal.
O vindeiro 3 de novembro tamén rematarán a súa actividade laboral e formativa os 14 mozos contratados no Concello de Begonte. Especializados neste caso en limpeza de espazos abertos e instalacións industriais e en traballos de carpintería e moble.
Prevención e extinción de incendios en industrias de madeira e moble; operador de carretillas elevados e PEMP; informática e curso básico de prevención de riscos laborais conforman a formación complementaria que completa o seu programa dual.
No caso do Concello de Outeiro de Rei, Actividades auxiliares e conservación e mellora de montes e Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería conforman a formación especializada que reciben e que puxeron en práctica no polígono industrial ou no Campo de Santa Isabel, entre outros terreos de propiedade municipal, os doce alumnos participantes e que rematarán o seu contrato o 9 de novembro.
Ademais do curso básico en prevención de riscos laborais, tamén recibiron formación complementaria en repoboacións, traballos silvícolas e de protección do monte; actividades auxiliares de obra e manexo e mantemento de maquinaria forestal.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



