Lugo, 06 de outubro de 2015.- O deputado de Medio Ambiente, Manuel J. González Capón, presentou este martes no salón de actos da Deputación o programa de actividades organizadas dende a área da que é responsable para este último trimestre do ano e a través das que ofertan un total de 370 prazas.
González Capón explicou que esta programación divídese en catro bloques de actividades e oferta iniciativas de posta en valor dos recursos naturais lucenses para todas as idades. O primeiro dos bloques céntrase nos valores da etnografía ligados aos recursos dos que se pode desfrutar nas dúas Reservas da Biosfera e o segundo versa sobre as boas prácticas e correctos usos dos recursos agrícolas, forestais e gandeiros. Mentres que nos outros dous bloques, nun deles ten especial protagonismo a micoloxía e o outro comprende obradoiros medio ambientais e de Nadal.
As actividades son gratuítas con aforo limitado. É preciso facer reserva previa a través da páxina www.deputacionlugo.org e para calquera tipo de información disponse do teléfono 982 22 78 12.
Cursos sobre etnografía
O deputado considera “oportuno dedicar na programación un apartado á etnografía, xa que foi, dentro da Declaración da Unesco como Reserva da Biosfera Terras do Miño, un dos puntos principais a ter en conta polas súas características”. Así, ofértanse tres obradoiros: o de iniciación e primeiro contacto coa etnografía; un novo curso no que se profundizará máis no tema e, para finalizar, celebrarase “unha conferencia-interactiva no Mazo de Santa Comba, patrimonio etnográfico clave na Reserva”, indicou. En todas as actividades, explicaranse conceptos básicos sobre a etnografía, a súas técnicas e ferramentas, e asemade traballarase nun caso práctico no lugar no cal se celebre o obradoiro.
Correcto uso dos recursos agrícolas, forestais e gandeiros
O segundo bloque céntrase nas boas prácticas e correctos usos dos recursos agrícolas, forestais e gandeiros na provincia. Neste apartado, ofértanse dúas actividades. A primeira delas trátase dunhas xornadas de silvipastoreo, é dicir, unha forma de aplicación dos sistemas agroforestais no aproveitamento do gando para manter boas condicións silvícolas nos montes e ao mesmo tempo evitar o risco de incendios obtendo unha rendibilidade económica mediante o gando. A segunda das actividades, segundo explicou o deputado, trátase dun curso de poda, “do que se ofertan dúas edicións debido á gran demanda para adquirir coñecemento nestas prácticas”.
Obradoiros para familias e pequenos da casa
O terceiro bloque da programación inclúe tres actividades: un obradoiro ambiental de outono ‘Unha Casa para o Inverno’, e dous máis para realizar en datas de Nadal e dirixidos aos máis pequenos da casa. O obradoiro ambiental de outono, dirixido a familias, consiste na construción de casas refuxio para morcegos e liróns. No que refire aos obradoiros para os máis pequenos, un deles é de reciclaxe, “perseguindo a concienciación e a sensibilización a través de actividades prácticas e xogos que transmitan aos nenos un modo de contribuír a conservación do planeta”; e o outro consiste nun obradoiro de Nadal no que se abordará a realización de todo tipo de decoracións navideñas con materiais reciclados e ofertaranse consellos gastronómicos para a elaboración e a decoración de doces.
Micoloxía
Dende a Deputación tamén se adicarán dúas semanas do mes de outubro á micoloxía. Así, González Capón anunciou a oferta dun curso de iniciación e outro de perfeccionamento, que se desenvolverán no Salón de Actos da Deputación e cóntase para iso coa colaboración da Sociedade Micolóxica Lucus. Os dous cursos disporán dunha parte teórica e doutra práctica, consistente nunha saída ao campo para a observación das distintas especies no seu propio hábitat.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



