A Presidenta Comisionista e Caciquil reparte 5 millóns de euros entre Concellos do Partido Popular baixo a “falta escusa” de que está a beneficiar a municipios que non recibiron subvencións entre xaneiro e xuño. Así o demostrou e o explicou polo miúdo este martes vicevoceiro provincial do PSOE con documentación oficial e pública da Deputación.
Candia mente e oculta información, pois son 5 millóns de euros para o PP
Álvaro Santos Ramos corroborou que Candia reparte 5 millóns de euros entre municipios gobernados polos popular tendo en conta a documentación oficial publicada na páxina web da Deputación, así como á que tivo acceso o PSOE no departamento provincial de Actas, información que foi facilitada polo propio Secretario da institución.
1.- Xunta de Goberno Extraordinaria de hoxe. Segundo a información á que tiveron acceso os socialistas, Candia aprobou 27 convenios, que son os que xa tentou aprobar na sesión ordinaria do venres pero que, finalmente, debido ás dúbidas dos propios técnicos provinciais, quedaron sobre a mesa. Estes suman un total de 3.482.109,81 euros, dos que a Deputación achega uns 2,9 millóns de euros. Os Concellos beneficiados, que aportan a cantidade restante, son todos do PP, agás Cervantes, que recibe a cantidade máis baixa con tan só 18.000 euros.
Esta é a listaxe de convenios: Antas de Ulla: 154.011,05 euros; Begonte: 323.000 euros; Bóveda: 185.161,46 euros; Castro de Rei: 142.931,30 euros; Cervantes: 18.524,96 euros (é o único Concello de distinta cor política); Guntín: 284.802,35 euros; O Vicedo: 374.544,05 euros; Outeiro de Rei: 355.300 euros; Palas de Rei: 52.021,32 euros; Pantón: 43.463,48 euros; Pantón: 28.453,57 euros; Quiroga: 100.000 euros; Sober: 80.750 euros; Sober: 19.000 euros; Triacastela: 285.000 euros; Vilalba: 486.167,11 euros; Xove: 256.431,46 euros; Sober: 70.000 euros; Taboada: 26.000 euros; Pantón: 38.417,50 euros; Pantón: 17.356 euros; Pantón: 4.759,60 euros; Baleira: 4.759 euros; Sober: 61.006 euros; Barreiros: 13.249 euros; O Saviñao: 18.000 euros; e As Nogais: 39.000 euros.
2.- Xunta de Goberno do 25 de setembro. Fóra da orde do día dos asuntos de urxencia, “é dicir, polo porta de atrás para tentar ocultar esta cacicada”, Candia aprobou 7 convenios por valor de 1.344.381,10 euros, todos con Concellos do PP. Esta é a listaxe: O Saviñao: 22.990 euros; Mondoñedo: 324.683 euros; Paradela: 106.436,95 euros; Riotorto: 61.750 euros; Portomarín: 55.957 euros e Baralla: 403.715. XUNTA DE GOBERNO DO 25 DE SETEMBRO: http://bit.ly/1j69M1F.
3.- Xunta de Goberno do 7 de agosto. Candia concedeu as súas primeiras subvencións como Presidenta da Deputación aos Concellos de Antas de Ulla e Foz por valor de 18.000 euros. XUNTA DE GOBERNO DO 7 DE AGOSTO: http://bit.ly/1QQhV4K.
Candia pon escusa falsas para tentar camuflar a súa cacicada
“Por poñer os mesmos exemplos que puxo o propio Goberno de Candia nos recentes días. Na Xunta de Goberno do 22 de maio, Mondoñedo xa recibía axudas de máis de 55.600 euros, Baralla outra de 40.000 euros ou Riotorto outra de 150.000 euros. Ademais, o PP mentiu descaradamente, pois dixo que nesa sesión se acordaran subvencións para amigos de PSOE e BNG, cando se aprobaron axudas para a Asociación de Dano Cerebral (24.772 euros); Asociación Raiolas de Lugo (70.000 euros), Club Deportivo Burela Fútbol Sala (25.000 euros) ou para a Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta (24.300 euros), entre outras. XUNTA DE GOBERNO DO 22 DE MAIO: http://bit.ly/1Oi163H.
O Partido Popular tamén mentiu sobre a Xunta de Goberno do 15 de maio, sesión na que o Goberno de PSOE e BNG aprobou investimentos para Barreiros de 142.321 euros; Foz de 39.098 euros; O Vicedo de 90.942 euros; Antas de Ulla de 50.000 euros; ou Baralla de máis de 180.000 euros; así como axudas de 100.000 euros para FUDACE, entre outras. XUNTA DE GOBERNO DO 15 DE MAIO: http://bit.ly/1edRA2Z.
Diferenzas
“A diferenza entre o Goberno de progreso de PSOE e BNG é que nós facemos Presupostos Participativos e o PP, dun xeito totalmente caciquil, nega aos veciños participar na elaboración das contas da institución porque prefire repartir os cartos públicos a dedo e entre os seus amigos. Outra diferenza. Mentres o Goberno de Besteiro deixou á Deputación con débeda cero, é dicir, sen ningunha carga financeira para a nova Corporación Provincial; o Goberno de Candia, en só tres meses, saquea ao organismo provincial e hipoteca o seu futuro presuposto”, engadiu o vicevoceiro.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



