7 de outubro de 2015.- A proposición de lei presentada polo BNG en xuño pasado e admitida a trámite por unanimidade de todos os grupos, pretende estender a prohibición do uso da munición con chumbo a todo o territotio galego. Arestora, a lei de caza de Galiza (13/2013) traspón a prohibición recollida na lei 42/2007 do patrimonio natural e da biodiversidade de usar munición con chumbo en todos os humidais e espazos protexidos.
Trátase de que o cada vez máis cuestionado exercicio da caza cando menos non deite perigosos efectos colaterais derivados da contaminación por chumbo, un metal pesado moi tóxico e bioacumulativo. Tal como aconteceu cos combustíbeis e as pinturas, a prohibición do chumbo e a súa substitución por outros compoñentes menos tóxicos redundará munha millora da calidade ambiental dos ecosistemas e, portanto, da nosa saúde.
Esta iniciativa vai tamén na liña do acordado en 2014 pola Convención para as especies migratorias (CMS), dependente da ONU, e da que fai parte España, no senso de eliminar o uso do chumbo na munición nun prazo de 3 anos para todos os ambientes, e non só en humidais. Chama a atención que países como Dinamarca xa incorporaran esta medida a mediados dos anos 80 do século pasado!
A irracional oposición da Federación Galega de Caza
Porén o lobby da caza galego, nomeadamente a Federación Galega de Caza (FGC), resístese a deixar de envelenar o noso ambiente e iniciou unha curiosa cruzada a favor do chumbo e… contra os propios cazadores! Entidades como a Mesa galega da Caza ou a propia Federación Española defenden a substitución total da munición de chumbo por outra menos contaminante. Descoñecemos os espúreos intereses que moven á Federación Galega de Caza a oporse a esta medida, mais os argumentos expostos publicamente para defender o chumbo son cando menos curiosos:
Aos falsos argumentos técnicos (modificacións das armas e das características balísticas) e mesmo legais (“desaxuste lexislativo, contradicindo as medidas e estándares a nivel europeo e mesmo mundial” SIC) a FGC achega tamén un informe “científico” -asinado por 1 científico- da USC con curiosos argumentos acientíficos:
-“La munición de plomo se ha empleado siempre para la caza con armas de fuego…” Dereito consuetudinario?
-“[…] Las emisiones de plomo al ambinete se producen mayoritariamente por otras vías como la minería, industrias, locomoción, etc.” Envelena, pero pouco…
-“La prohibición de empleo de munición de plomo para la caza de forma general es un paso más en la presión que algunos grupos conservacionitas pretenden ejercer sobre la actividad cinegética…” A ONU e a Federación española de caza agora son grupos conservacionistas…
-“La sustitución de la munición de plomo por otra alternativa ocasionará el abandono de la práctica cinegética por muchos cazadores…” Non o entenden así nin a Mesa Galega da Caza, nin a Federación Española nin as empresas do sector.
-“La prohibición de la utilización de munición de plomo en Galicia causaría una grave discriminación del cazador gallego…” Para unha vez que poden ser pioneiros en algo…
Finalmente, e máis aló dos espúreos intereses e delirantes argumentos cos que a FGC oponse á substitución do chumbo na munición, ADEGA quere animar aos grupos políticos do Parlamento galego a aprobar a prohibición deste veleno en todo o noso territorio, para deste xeito colocar por unha vez a Galiza na avangarda da protección ambiental e da saúde no estado. Os que pretenden que sigamos nas cavernas só poden cualificarse como cavernícolas.



















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



