Mondoñedo, 14 de outubro de 2015.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, fixo balance este mércores do número de visitantes que se desprazaron ata a localidade segundo datos recollidos pola Oficinal de Turismo no que vai de 2015 e que amosan un incremento anual no número de turistas de entorno ao 20%.
A alcaldesa cualifica o ano 2015 de “moi positivo”, feito que, segundo a popular, reafirma o compromiso do Goberno local, que aposta polo turismo “como o futuro de Mondoñedo”.
Dun xeito máis concreto, o informe cos datos xerais da Oficina de Turismo contabiliza entre os meses de xaneiro e setembro un total de 15.334 visitantes, fronte aos 13.182 do ano 2014 e aos 11.630 do 2013.
Se a análise se fai por meses, destaca o incremento no número de visitantes recibidos nos meses de xuño e setembro. En xuño, aumentan nun 34% o número de visitantes contabilizados pola Oficina de Turismo, mentres que en setembro foron un 21% máis o número de persoas que se decidiron por visitar a localidade.
Estes datos refírense a visitantes (individuais, familias, peregrinos e grupos) que pasan pola Oficina de Turismo. Polo tanto, hai que ter en conta que durante os meses de xullo e agosto a Oficina de Turismo non xestionou directamente o albergue e a maiores, é moi importante facer fincapé noutros datos como os dos turistas que visitan a Catedral, que superan os 34.000.
De todos os modos, “asúmese o 2015 como un ano moi positivo cun incremento acumulado anual no número de visitantes”, matiza Candia. Neste senso, a alcaldesa de Mondoñedo explica que o Goberno local “ten moi presente o turismo como un dos sectores dinamizadores da economía e polo que pasa o futuro do noso municipio”. Nesta liña de traballo de fomento do turismo, os populares materializaron iniciativas na oposición, como foi a celebración de diferentes xornadas co turismo como eixo central. No Goberno “é unha das nosas preocupacións, polo que faremos unha forte aposta por continuar a mellorar os puntos frouxos e facer do turismo unha fonte de riqueza para a localidade”.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



