Lugo, 21 de setembro de 2015.- O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, valorou este mércores as declaracións efectuadas polo presidente da Deputación, Dario Campos, nas que confirma que os trece deputados do bipartito (os once do PSOE e os dous do BNG) terán responsabilidades no futuro Goberno provincial.
O dirixente popular asegura que o BNG, unha vez coñecida esta postura, esta obrigado a dar unha serie de explicacións aos lucenses, e moi en particular é inescusable que responda tres preguntas moi concretas:
A primeira, Balseiro empraza aos nacionalistas a aclarar se desautorizan definitivamente ao voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, cando aseguraba que o BNG non compartiría goberno con imputados.
En segundo lugar, pregunta se o BNG pensa aplicar un código ético para a Deputación de Lugo distinto do que se está a aplicar en Galicia, moito máis permisivo coa presenza de imputados pola Xustiza
E, finalmente, din que no BNG están obrigados a explicar como pode ser que no Concello de Lugo pediran a dimisión do exacalde Orozco por estar imputado e, a douscentos metros ao seu carón, no pazo de San Marcos, estean dispostos a compartir goberno con ata tres imputados do PSOE.



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



