Nove anos leva o Centro de Información á Muller (CIM) de Ribadeo na andaina dos foros dedicados a promover unha saúde integral das mulleres e a fomentar un tempo libre e un espazo de ocio para elas.
A Concelleira de Igualdade, Marilúz Alvarez Lastra, lembra que: “Os horarios no caso das mulleres son xornadas sen descanso, por mor da discriminación sufrida históricamente e na actualidade como consecuencia da asinación dun papel vinculado ao ámbito do fogar e os coidados. E as mulleres que traballan fora da casa (traballo remunerado) aínda se ven sometidas a esa dupla xornada, a laboral e ao do fogar. Recentes estudos amosan a asimetría de horas por parte dos homes adicadas ao fogar e aos coidados. A corresponsabilidade sigue a ser unha tarefa pendente para avanzar cara a igualdade real. Por iso, os foros siguen centrándose en impulsar medidas de acción positiva hacía ás mulleres. “
Esta edición iremos ao Spa da Casa da Auga- A Coruña o domingo 8 de NOVEMBRO 2015. A viaxe ao Spa é gratuíta nun autobús subvencionado polo Concello de Ribadeo con sairá o domingo as 14.00 horas de diante da Oficina de Información do Concello de Ribadeo. O acceso ao spa correrá a cargo das usuarias que deberán pagar o mesmo día unha cota de entrada de 20 €.
Para participar nesta viaxe ao SPA da Casa da Auga – A Coruña do día 8 de Novembro 2015, podedes inscribirvos nas Oficinas do CIM sitas Rúa Bos Aires, s/n (Auditorio) de Ribadeo ou chamando ao número de teléfono 982 120 739. Grupo mínimo de 45 persoas para facer a actividade e máximo de 55. Prazas limitadas.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



