Ribadeo, 26 de outubro de 2015. Volve a ximnasia de mantemento ás parroquias de Ribadeo. Será do 17 de novembro ao 16 de maio. O prazo de inscrición ábrese este luns, 26 de outubro, na Casa da Xuventude, tal e como informaron aos veciños e veciñas o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, David Rivas, a través da carta que lles remitiron.
Na misiva indican que “para confirmar a matrícula, deben cubrir a ficha que lles achegamos coa carta e entregala na Casa da Xuventude ou ao monitor correspondente en cada parroquia”. Rivas Peña lembra que “para que a escola se poida levar adiante é necesario que conte cun mínimo de 5 alumn@s”. E engade que “coma en anos anteriores será preciso presentar un informe médico de conforme se pode realizar a actividade física de ximnasia de mantemento”.
A cota mensual seguirá a ser de 15 euros, agás nos meses de novembro e maio que será de 7,50 euros.
Na Devesa as clases de ximnasia de mantemento serán os martes e os xoves de 16:30 a 17:30 horas. En Rinlo serán os mércores e o venres de 16:15 a 17:15 horas. En Vilaousende será os martes e os xoves de 17:45 a 18:45 horas. En Vilela os mércores e os venres de 17:30 a 18:30 horas. A ximnasia de mantemento chegará a Ove os martes e os xoves de 19 a 20 horas; a Vilaselán os mércores e os venres de 18:45 a 19:45 horas e a Couxela os martes e os xoves de 20:15 a 21:15 horas.
Suárez Barcia e Rivas Peña subliñan que “a ximnasia de mantemento chega ás parroquias, grazas á boa disposición de tod@s @s veciñ@s e ao éxito de participación que conseguimos desde o primeiro ano”.






















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



