Ribadeo, 26 de outubro de 2015. O alcalde, Fernando Suárez, chama á implicación veciñal para evitar que se tiren obxectos inservibles en estradas ou montes, como aconteceu esta mesma fin de semana na parroquia de Piñeira. O rexedor lembra que o Concello dispón dun servizo de punto limpo aberto para esta fin e invita aos veciños a denunciar as malas prácticas neste senso.
Suárez Barcia amosou “o desgusto que provoca ver nun paraxe tan bonito como é este camiño da costa que vai por todo o litoral ribadense, aquí concretamente na parroquia de Piñeira, un sofá que foi depositado por algún desalmado, por algún túzaro. Non se lle pode chamar doutra maneira, sobre todo cando dende o Concello de Ribadeo hai alternativas máis que dabondo para tratar os residuos que sobran na vivenda dun, cando xa non son útiles. Temos un punto limpo municipal aberto todos os días da semana, en horario de mañá e de tarde, para que se alguén se quere desfacer dun sofá, dun tresillo ou dunha cociña, o poda levar alí de maneira gratuíta. E se alguén non ten vehículo para desprazarse ata o punto limpo pode chamar ao Concello e por 3,47 euros, tanto o primeiro como o último martes de cada mes, vanllo buscar á casa”.
O alcalde ribadense chama á colaboración de todos no coidado do medio natural porque asegura que non abonda co traballo do Concello: “quero apelar ao civismo da xente porque xa podemos dende o Concello ser os máis eficientes do mundo, que se logo á xente lle dá por tirar o lixo en vertedoiros incontrolados, no medio do monte ou na beira do mar como é o caso, por moito que fagamos no Concello nunca chegaremos á excelencia. O que pido tamén aos veciños é que se ven a algún túzaro facendo estas cousas que o comuniquen ás autoridades pertinentes. A limpeza, o entorno e o medio ambiente son cousa de todos, non soamente do Concello”.





















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



