Ribadeo, 28 de outubro de 2015. O Concello de Ribadeo e a asociación Capaces Lugo acaban de instalar 262 pictogramas nos edificios do auditorio, da piscina, da biblioteca, da Escola de Música, da oficina de turismo e do Concello para facilitar a integración das persoas que sofren algún tipo de diversidade funcional relacionada coa comunicación e coa expresión. Ribadeo é o primeiro concello da Mariña en sumarse a este proxecto impulsado pola asociación Capaces de Lugo e presentado polas concelleiras de Servizos Sociosanitarios e Igualdade, Sonia Meilán e Mariluz Álvarez, e pola presidenta do colectivo lugués Ángeles Fernández.
Álvarez Lastra explicou que “estamos a poñer en marcha, a ver feita realidade unha iniciativa que dende o ano pasado en colaboración coa Asociación Capaces de Lugo nos propuxeron ao Concello de Ribadeo. Creo que é unha iniciativa potente e dende logo unha iniciativa para conseguir poñer o noso grao de area e integrar ás persoas que teñan algún tipo de diversidade funcional relacionada sobre todo co ámbito da comunicación e da expresión. O noso Concello vai sumarse a esa iniciativa que tivo Capaces de facer máis accesible os lugares municipais para aquelas persoas con algún tipo de diversidade ou dificultades de comunicación e expresión”. A edil nacionalista subliñou que “o proxecto consiste en rotular algúns edificios municipais, e por aí empezamos, como é o Concello, que engloba todas as oficinas municipais, a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, a Oficina de Turismo, a Escola Municipal de Música, o Auditorio Municipal e a piscina neste primeiro momento”.
Os pictogramas axudaranlle ás persoas con dificultade a entender mellor en qué lugar se atopan así coma instrucións e normas de funcionamento de espazos públicos municipais: “son espazos que os rapaces e rapaces e as persoas maiores do noso municipio que teñen algún tipo de dificultade usan habitualmente e pensamos que era unha maneira de facelos máis accesiblea. Hoxe a Asociación Capaces de Lugo está en Ribadeo con nós poñendo eses pictogramas identificativos para que as persoas que teñan este tipo de dificultades, cando menos dunha maneira gráfica, visual, podan orientarse nestes espazos, saiban onde están, a que porta dirixirse e un mínimo de normas que regulan o funcionamento dos espazos nos que van participar. É un primeiro grao de area, para nós moi importante. Agradecémoslles enormemente que se puxeran en contacto con nós porque era unha materia pendente e creo que como Concello, a institución máis próxima ao cidadán, é o primeiro que podemos e debemos facer”.
Álvarez Lastra asegura que este tipo de iniciativas “non supoñen ademais un custo económico moi importante, máis que nada é a vontade política de facelo e a iniciativa desta asociación, loable dende logo, para poñer a estas persoas en igualdade de condicións na sociedade, que non é fácil posto que os atrancos son moitos, e que teñan un mínimo de igualdade con respecto as outras persoas que padecen este tipo de diversidade”.
A concelleira anima aos Concellos da zona a seguir ao de Ribadeo, que xa conta con ampliar a iniciativa a outros espazos: “animamos a todos os Concellos da Mariña, aos que nos quedan máis preto e dende logo de toda a provincia, a que se sumen a este iniciativa. Eles fano todo, as persoas da asociación Capaces son profesionais, están moi involucradas, presentan un proxecto e fano efectivo. Simplemente nós temos que ter esa vontade, esa decisión de facelo como institución. A parte económica quizais sexa a menos importante e máis alcanzable para calquera concello que queira facelo. Nós damos un primeiro paso adiante nestes edificios.
Continuaremos porque somos conscientes de que hai outros espazos municipais que así o requiren. Estenderémolo a outros edificios municipais como poden ser os pavillóns, as zonas de ocio e deporte, a Casa da Xuventude, e a aqueles espazos emblemáticos no turismo, para que tamén teñan ese acceso e gocen desas instalacións, aos nosos parques e outras instalacións que consideramos tamén importantes”.
No proxecto de Capaces Lugo tamén poden participar os centros de ensino: “o noso ofrecemento tamén aos centros educativos do noso concello, como xa se lles transmitiu, para que se eles consideran que nas súas instalacións, aínda que a competencia sexa de Educación, poden facer estas serigrafías tamén o Concello poñerá a súa disposicións os medios para que os poidan levar adiante. Nos centros educativos é onde nenos e nenas pasan a maior parte do seu tempo, e aínda que xa sei que en moitos deles hai uns primeiros pasos e que se traballa neste ámbito, que non deixen cando menos de pedírnolo e solicitárnolo para facelo de maneira máis efectiva”.
Ángeles Fernández, presidenta de Capaces Lugo, quixo agradecer ao Concello de Ribadeo “as facilidades para conseguir levar adiante este proxecto. Agradecemos moitísimo a boa disposición e o que queremos facer con isto é poñer en igualdade de condicións a todas as persoas con calquera trastorno de comunicación. Nós como asociación levamos a persoas con trastorno do espectro autista e tamén a persoas con trastorno de linguaxe”.
Os pictogramas teñen, ademais, moitos usos ademais de facilitarlles a vida ás persoas con dificultades: “o que si que queremos deixar claro é que este tipo de pictogramas serven para calquera persoa maior, para o turismo, teñen moitas aplicacións. Como asociación estamos dispostos a facelo en calquera Concello que nolo pida, nós facemos todo o traballo que faga falta, desprazámonos, facemos o proxecto, que é de ocio para rapaces e adultos. Poden poñerse en contacto con nós no noso correo en capaceslugo@gmail.com ou no teléfono 619170890. En calquera momento estamos dispostos a recoller e axudar a quen nolo pida”.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



