Fernando Lacaci.- Hoxe, 30 de outubro, é o día do ensino; e o conselleiro de educación, nunha colaboración nun xornal, lémbranos que é unha xornada no que toda a sociedade bota unha ollada ao seu redor, revisa e renova o compromiso coa instrución e coa formación; pero realmente só é unha xornada non lectiva, onde ninguén olla para ningures porque as canles de revisión e renovación están pechadas, como os colexios nun día como hoxe, no que por ser a súa festa deberían estar abertos a toda a comunidade educativa para utilizalos como lugar de reflexión, debate e traballo sobre o ensino que queremos, e sobre o ensino que estamos facendo.
As familias, que somos certamente o principal axente formativo, non queremos confiar a ninguén o noso ser máis querido e marchar de alí mentres o forman ou instrúen, o que desexariamos facer é participar na formación dese ser e de todos os demais, porque somos representantes e parte da sociedade toda, e estar presentes na vida educativa como o piar fundamental que somos e que reivindicamos ser.
Pero esa presenza na vida educativa non é unha simple declaración de intencións, fágase unha vez ao ano ou constantemente; ten que estar soportada nunha vocación de colaboración, de diálogo, de información mutua, de intencionalidade de camiñar conxuntamente e de crear accións de futuro que sexan froito desa participación; ten que estar elaborada para poder afirmarse, ter canles abertas e fluídas, espazos de compromiso e de encontro, pero tamén espazos formais de desenvolvemento, de organización sistemática do traballo en común. A participación non pode ser un brinde ao sol que se lance de cando en vez. Ten que estar estruturada e traballada, ten que ser querida e regulada como un dereito positivo que a todos convén, sobre todo ao futuro da sociedade.
E non se pode, dende os actuais responsables da administración educativa, facer unha constante referencia á participación, cando veñen de eliminar case toda a capacidade real dos Consellos Escolares, único órgano onde as familias estamos presentes na vida cotiá dos centros escolares e nos que antes tomábanse decisións; cando veñen de modificar a elección da dirección dos centros escolares para poder nomealos en contra da opinión de profesorado e familias; cando a participación que nos reservan ás familias nos órganos autonómicos, como o Consello da convivencia, ou mesmo o Consello Escolar de Galicia, contase por porcentaxes ínfimas en relación á presenza que teñen sempre os representantes políticos, nin tan sequera os técnicos, da administración educativa; cando o partido que actualmente goberna Galicia ten esquecidos, alí onde goberna, aos consellos escolares municipais aos que nin tan sequera convoca, nin moito menos escoita; ou cando simplemente se negan a recibir aos representantes das familias, ou a iniciar mesas de traballo nos moitos temas nos que a participación das familias debería ser obrigatoria.
E tampouco se pode dicir que a inclusión da diversidade xa forma parte do cotián, do ordinario, cando temos unha notoria falta de profesionais de apoio en todos os centros educativos, cando o principal labor deste goberno foi laminar os cadros de profesorado impedindo precisamente a atención a esa diversidade que din que non está en discusión. A diversidade certamente non está en discusión, nin a súa existencia nin o seu tratamento, nin a consideración da necesidade de atención, e tampouco está en discusión, porque toda a sociedade o coñece, que este goberno traballou restando nesa atención, impedindo a integración, negando o dereito –que se materializa en medios, non doutra maneira- a que os diversos, que somos todos e todas, sexan tratados co mimo, a dedicación e a profesionalidade que precisan para sumar valores á sociedade toda, para que sexan unha riqueza para si propios e para o grupo no que se integran.
Non se pode traballar tanto para esnaquizar o ensino público e logo dicir que temos un día de festa e alegría no que reflexionamos. Pois a iso invitamos ao conselleiro, a reflexionar sobre a política educativa destes últimos anos, e a facelo tamén contando con quen realmente somos o grupo máis importante do ensino público: as familias, a sociedade que conforma este noso País.
Fernando Lacaci, vicepresidente de ANPAS Galegas.


















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



