Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
1º) No pasado Pleno ordinario do mes de outubro, o noso grupo preguntaba si se tiña solicitada a subvención plurianual -anos 2015 e 2016 – para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia ao abeiro da ORDE do 22 de xuño de 2015.
Sinalábamos que ó máximo que lle podería corresponder o noso Concello sería de 2000 euros – por encontrarse no tramo de 10.001 a 20.000 habitantes -.
Por parte da Sra. Alcadesa respostabasenos que había personal encargado en cada departamento de revisar os boletíns para ver que subvencións interesaban e cales non.
Hai uns días saía a resolución do 8 de outubro de 2015 polo que se resolvían ditas subvencións, non figurando Viveiro nin entre as concedidas, nin entre as excluidas, o que nos leva a pensar que a Viveiro non lle interesan eses posibles 2000 euros para a mellora dos fondos bibliográficos da nosa biblioteca municipal, ou que directamente non se solicitou.
Por este motivo lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcadesa:
1- Solicitouse expresamente dita subvención plurianual?
2- En caso negativo, cales foron as razóns de non solicitala?
3- Cree vostede que Viveiro se pode permitir o luxo de perder este tipo de subvencións?
2º) Varios veciños nos fixeron chegar as súas queixas pola pouca atención e coidado que se lle presta os cans que se recollen e se depositan nas instalacións habilitadas ó efecto polo Concello nunha nave do Monte san Roque. Sinalan que cando chove e fai frío, os animais permanecen fóra e mesmo dormen á intemperie, sen chegar a metelos dentro da propia nave – seguramente que a atención sería mellor si dispuxemos do obrigado plan asistencial municipal de animais -.
O certo é que este recinto parece non cumprir con todas as condicións esixidas para dispensar unhas correctas atencións aos cans. Así nunha das últimas visitas do noso grupo ó rexistro municpal atopabamos un documento que falaba dunha proposta sancionadora, onde a xefatura territorial de medio ambiente, despois dunha inspección a esta instalación falaba dunha infracción grave que podería levar aparellada unha sanción entre 300 e 3000 euros.
Unha autentica lástima non poder contar cunhas instalacións de primeira despois de que o Concello tivese a súa disposición, durante cinco anos, unha subvención de 60.000 euros para este cometido e que se perdeu porque o concello non moveu un so dedo para que isto fose adiante.
Por todo isto lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcadesa:
1- Teñen pensado, agora que se acercan os rigores do inverno, gardar e proporcionar un leito mullido para que os cans poidan durmir pola noite dentro de dita nave?
2. Cando se recollen os cans levan vostedes un rexistro de entrada e saída destes animais?
3 – Para cando teñen pensado elaborar o plan asistencial municipal de animais?
4 – Recibiron algunha sanción por parte da Xefatura territorial de medio ambiente polo inadecuado destas instalacións?
5 – En caso afirmativo, cal foi a súa cuantía e por que motivo?



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



