Santiago, 5 de outubro de 2015.- O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, asegurou este xoves que os lucenses manteñen “dúbidas fundadas sobre a aprobación dos orzamentos da Deputación de Lugo para 2016 ante a situación de debilidade na que se atopa o Goberno bipartito e o seu presidente”.
O deputado popular advertiu a Darío Campos que no último pleno de organización da administración provincial “quedou en evidencia que PSOE e BNG non contan coa maioría suficiente para gobernar con estabilidade esta Deputación e demostrouse o polvorín no que teñen convertido o bipartito provincial lucense”.
Balseiro tamén lembrou que “a Xustiza pode botar por terra incluso a propia Presidencia de Darío Campos, que estaría nunha situación precaria de prosperar o recurso interposto por presumirse a nulidade do seu nomeamento, ao non terse respectado o establecido no Regulamento da institución”.
“Ademais de inestable, vostede preside un Goberno paralizado. A Deputación de Lugo atópase practicamente detida, sen xestión, nin iniciativa. E os máximos responsables son o PSOE e BNG”, apuntou Balseiro. Neste sentido, lembrou que despois de negociar durante tres meses mantivo 15 días á Deputación sen goberno, un trámite que o PP solventou en tan so tres días desde a toma de posesión.
Balseiro fixo unha defensa pechada dos tres meses de Goberno popular na Deputación de Lugo e contrastou as primeiras decisións adoptadas polos populares coa situación actual. Así, lembrou que “co PP a Deputación de Lugo deixou de ser a única en Galicia insubmisa en materia de servizos sociais, como acontecía durante os mandatos de Besteiro”. Ademais, pediu ao bipartito que “rectifique e cumpra a lei de servizos sociais e a sentenza do TSXG e, polo tanto, non prive aos que máis o necesitan dos servizos de benestar por unha cuestión partidista”.
UN GOBERNO BIPARTITO CON IMPUTADOS
O deputado popular tamén asegurou que “os lucenses non se merecen un goberno baixo sospeita xudicial, tras lembrar que PSOE e BNG gobernan na Deputación de Lugo con ata dous imputados, entre eles, a alcaldesa de Viveiro fronte a que a Xustiza está a piques de abrir xuízo oral e sentala no banquillo”. Porén, dixo “crer e respectar a presunción de inocencia”, pero sinalou que “a presenza de imputados mancha a imaxe da Deputación de Lugo e vai en contra das esixencias dos cidadáns que reclaman máis rexeneración democrática”.
Balseiro advertiu que “o BNG ten aínda pendente dar explicacións aos lucenses por ter un código ético de quita e pon e pola desautorización ao veto aos imputados da que presumía sen ningún éxito o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence”.
RACHAR COA HERDANZA DE BESTEIRO
Finalmente, Balseiro reclamou valentía a Darío Campos para rachar co peor da herdanza de Besteiro e nesa liña pediulle que, mentres estea no goberno, colabore con todos os concellos lucenses en pé de igualdade, “sexa cal sexa a cor política do su alcalde de turno”.
O deputado popular rematou adiantando que “ante a debilidade, parálise e pouca estabilidade do Goberno de Darío Campos non sei canto poderá aguantar no cargo”. “En todo caso, se admite propostas construtivas, a mellor recomendación é que non cometa os erros de Besteiro e pense menos no partido e máis nos lucenses”, indicou.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



