Foz, 5 de novembro de 2015.- A XV edición do ciclo de charlas médicas organizado polo Concello de Foz coa colaboración do Hospital da Costa celebrarase os días 12, 19 e 26 deste mes e abordará temas sanitarios de actualidade, como as reaccións alérxicas graves, os coidados paliativos e a automedicación. O ciclo, que se desenvolverá en tres sesións ás 20 horas na Casa da Cultura focense, foi presentado este xoves polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira; a concelleira de Consumo e Sanidade, Silvia Blach Cuesta; a xerente executiva do centro hospitalario de Burela, Carmen Durán Parrondo; e a subdirectora médica, María José Cortés.
O rexedor municipal anunciou que “un ano máis a Concellería de Consumo do Concello de Foz, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (Omic), organiza as charlas médicas en colaboración coa xerencia do EOXI e por iso queremos agradecer, tanto a Carmen Durán como a María José Cortés, que é a subdirectora médica, a súa presenza aquí, na presentación destas charlas. Levan xa 15 anos polo que son un clásico no outono de Foz. Serven para achegar a cultura sanitaria aos veciños de Foz e a calquera outro da comarca que queira achegarse, para informar dos servizos que se ofrecen dende o Hospital da Costa e tratar de educar na prevención e na información sobre diferentes patoloxías. Despois das charlas sempre hai unha parte de preguntas e contacto directo entre os asistentes e o facultativo, o que fai moito máis interesante estas charlas”.
Castiñeira detallou o programa, que inclúe “o xoves 12 de novembro, Reaccións aléxicas graves, coa doutora Teresa González Fernández, especialista en Alergoloxía, que é un tema de actualidade, polas picaduras de avispa velutina ou outro tipo de alerxias. O xoves 19 de novembro falará de Coidados ao remate da vida, coidados paliativos, a doutora Belén Fra e a enfermeira Mar Pérez Gómez. O avellentamento da poboación incide na calidade de vida dos cidadáns e, por suposto, é unha charla importantísima para todos aquelas persoas que teñan maiores na súa casa ou inquedanzas neste sentido. Remataremos o xoves 26 de novembro cun tema necesario que está á orde do día, a Automedicación, coa doutora Concepción Castro Rubiños, especialista en Farmacia Hospitalaria, que nos vai falar temas de automedicación, cales son as circunstancias e aclarar dúbidas”.
O alcalde aproveitou a ocasión para “agradecer a colaboración do Hospital da Costa de Burela e ás facultativas encargadas de impartir as charlas, así como á OMIC de Foz, en concreto a Chus, organizadora destas charlas”.

























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



