O Museo Provincial de Lugo acollía este sábado a primeira das charlas da Escola de Habilidades Sociais para nais e pais que organiza a FAPACEL ( Federación de Nais e Pais de Centros de Ensino Públicos da Provincia de Lugo) dentro do programa COA EDUCACIÓN POR DIANTE fruto do convenio asinado coa Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo.
A charla foi presentada por Xosé Ferreiro deputado de Cultura, patrimonio histórico, normalización lingüística e artesanía e deseño da Deputación e correu a cargo de Lucía Fernández e Carmen Moreno psicopedagogas do Centro Psicopedagóxico CREA e autoras da guía xunto con Zeltia Méndez tamén psicopedagoga do CREA.
As nenas e nenos asistentes tiveron un “Obradoiro sobre o Conto Popular” a cargo de Elena Centelles e Mar Centelles.
As charlas terán continuidade ao longo do mes de novembro: o 14 en Becerreá, o 21 en Foz e o 28 en Chantada. Todas elas se desenvolverán a partir das 11.00 horas.
No mes de decembro, unha vez realizadas todas as charlas, enviaranse guías as ANPAS asociadas para repartir entre as familias socias que as soliciten.