O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE organizaba, a modo de Clausura da Tempada 2015 e tamén como promoción e divulgación, unha Ruta de Sendeirismo polo Concello de Xove o pasado domingo 8 de novembro.
A Ruta foi a SENDA COSTEIRA DE XOVE con saída en Vilachá (Portocelo) e chegada o Cabo de Morás (Morás), seguindo parte da costa xovense cun total de 12 km.
Para tal efecto, o Concello de Xove, limpou e desbrozou parte da ruta, así como instalou un par de bancos como Miradoiros no alto do Monte Castelo, preto da Punta do Faro Roncadoiro (Vilachá- Portocelo). Estos bancos estan dirixidos un para a saída do Sol, zona do Cabo Morás, e outro para a posta do Sol, zona da Estaca de Bares. Tamén se pode visitar no alto do monte a Pena Sombreireira, un lugar entrañable para todolos veciños de Vilachá, e nal cal se pode ler unha placa coa súa historia.
As vistas dende estos dous bancos son impresionantes e fermosas, pois dende eles divísase un 75% da costa de Xove (Illas, Illotes, Enseadas, Cabos, Puntas…..).
Nesta xuntanza de Sendeirismo, participaron un total de 78 camiñantes, os cales poideron disfrutar, á parte dun día espléndido e soleado, “dun mar de sensacións” inesquecibles.
Dende a ACD.XOVE animan a tódolos amantes da natureza e das camiñatas que veñan a facer esta Senda Costeira de Xove. Os interesados pódense poñer en contacto coa asociación no teléfono 618 97 61 59.