Cervo, 11 de novembro de 2015.- O Concello de Cervo entregou este mércores composteiros aos 19 veciños que os solicitaron recentemente. No acto participaron o alcalde, Alfonso Villares; a concelleira de Medio Ambiente, Manuela Méndez; e o de Medio Rural, Plácido Pérez, quen ademais é o mestre composteiro que se ocupa de explicar o funcionamento dos aparellos aos usuarios dende que se puxo en marcha esta iniciativa no municipio.
A concelleira de Medio Ambiente explicou que “esta foi a segunda entrega de composteiros que se fixo neste ano e no vindeiro esperamos repartir máis para seguir incrementando o número de usuarios desta iniciativa, que dende hoxe xa son máis de 150 neste concello. Cada vez vai sendo maior o número de veciños que demandan este servizo ofertado polo Concello, sobre todo no ámbito rural, o cal dá conta do alto grao de concienciación medioambiental que se vai acadando entre a veciñanza”.
Manuela Méndez engadiu que “o obxectivo deste programa de entrega de composteiros consiste no fomento da autoxestión medioambiental responsable dos residuos orgánicos por parte dos veciños acollidos a esta iniciativa municipal coa finalidade de obter un compost de alta calidade para o seu posterior uso como fertilizante natural de terras e plantas”.
Ademais a edil de Medio Ambiente destacou que “este programa de fomento da compostaxe cubre a totalidade do proceso, que vai dende a entrega gratuíta dos composteiros ao apoio e formación aos usuarios para a súa posta en funcionamento, así como o posterior asesoramento ao longo do proceso de vida útil destes dispositivos. Isto é un exemplo máis do compromiso e a aposta decidida do Concello de Cervo co medio ambiente e con todas aquelas medidas que contribúan coa mellora do noso entorno natural”.






















Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.



