O Vicedo, 12 de novembro de 2015.- Dentro do Obradoiro de Comunicación Escrita, Nordés ofrece unha obra de teatro chamada PerverSons da compañía Debulla Escénika (antes Do Miolo e Cía), subvencionada pola Deputación de Lugo dentro do Programa Buxiganga.
Esta é unha obra diferente, arriscada, tanto para a Asociación como para o espectador, que trata sobre a corrupción, a inmoralidade do ser humano, a degradación da sociedad na que vivimos. Unha oferta para un público adulto, escrita por Iria Acevedo, integrante dunha compañía con moita experiencia e que agora da un xiro crítico e social ao seu teatro.
A obra será ás 19:00 horas, o sábado 14 de novembro, na Casa da Cultura do Vicedo, dirixida a público adulto e totalmente gratuíta. Cunha duración de 65 minutos, o argumento, explicado polo propio grupo, di deste xeito: “Érase unha vez o ser humán, que non se atopaba nin a si mesmo nin nos demáis. Tropezaba cós outros, infectado pola tiranía do seu ego nun mundo traumado de cal uniformada. Esa doenza da alma, case tan antiga como a mesma especie, converteu ós humanos en individuos controlados e manipulados, en depredadores na procura do poder e da satisfacción dos intereses persoais alimentados pola proveitosa incultura”.























A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



