Mondoñedo (Lugo), 13 de novembro de 2015.- Unha trintena de coidadores e coidadoras de persoas con alzhéimer e outras demencias recibiron na tarde deste venres no municipio lucense de Modoñedo os diplomas que acreditan a súa participación no programa “Xuntos nos Coidados”, organizado pola Dirección Xeral de Maiores e Discapacidade da Consellería de Política Social. O acto de clausura desta acción formativa tivo lugar no Centro de Servizos Comunitarios de Mondoñedo e no mesmo participaron o conselleiro José Manuel Rey Varela; a rexedora mindoniense, María Elena Candia López; e a presidenta da Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer de Lugo (AFALU), Mª Carmen Pena Ledo.
Na súa intervención, Rey Varela salientou a importancia que teñen estas accións de formación ante o incremento experimentado nos últimos anos da demanda de coidados para persoas con condicións de saúde que supoñen situacións de especial vulnerabilidade, polo que apuntou a necesidade de “facer aínda máis fincapé na sensibilización, información e formación co obxecto de coñecer mellor a enfermidade e, sobre todo, a forma máis axeitada de abordar os seus coidados”, dixo. Nesta liña resaltou, tal e como avanzara en sede parlamentaria, que entre as liñas estratéxicas do seu departamento autonómico para o vindeiro ano está o aumento do número de prazas de atención diúrna e residencial para persoas diagnosticadas de alzhéimer e outras demencias, colectivo que é prioritario para o Goberno galego e que ten unha atención específica na nova carteira de servizos sociais da Consellería.
Así mesmo, lembrou as iniciativas levadas a cabo pola Consellería para facilitar e prestar apoio nas súas tarefas ás coidadoras e coidadores de persoas en situación de dependencia, como por exemplo: manuais e guías de coidados no contorno familiar, cursos específicos para coidadores e coidadoras de persoas en situación de dependencia menores de idade, programas continuos de formación e apoio, a creación e dinamización de grupos de autoaxuda ou a iniciativa “Xuntos nos coidados” da que forma parte o curso que hoxe se pechou en Mondoñedo.
A prioridade é o benestar dos galegos e galegas
O titular de Política Social sinalou que o alzhéimer é unha enfermidade que afecta tanto ao doente como aos seus familiares, e que ninguén está libre de sufrila directa ou indirectamente, avogando por un “esforzo conxunto e continuado de toda a sociedade para que, entre todos, lle gañemos o pulso a esta doenza”; ao tempo que defendeu a colaboración entre administracións públicas, profesionais sanitarios, equipos investigadores e o movemento asociativo. Ademais, insistiu en que a prioridade da Xunta “é mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas, aumentar a esperanza de vida libre de dependencia e avanzar na mellora das condicións de vida das persoas que se atopan xa nunha situación de dependencia”.
Rey Varela indicou que as principais liñas de actuación da Consellería de Política Social no eido da atención as persoas dependentes son dúas: a primeira, a mellora e ampliación dos servizos; e a segunda é a aposta pola prevención, a formación e a sensibilización. Así, e no que atinxe á primeira destas liñas, o conselleiro referiuse ao reforzamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF); á ampliación da oferta de novos servizos tanto de atención diúrna como residencial coa creación, entre outras medidas, de novas unidades terapéuticas; e á mellora e modernización da rede de centros de atención. En canto á prevención, recordou que Galicia conta cunha Estratexia para a prevención precoz da dependencia – Horizonte 2020, que ten entre os seus eixes prioritarios de intervención o fomento do envellecemento activo e dos hábitos de vida saudables.
Cursos en 16 concellos
Dentro da edición deste ano de “Xuntos nos coidados”, a Consellería de Política Social ten programados un total de 16 accións de formación nos seguintes concellos galegos: As Pontes, Culleredo, Oleiros, Cee, Noia, Rianxo, Redondela, Nigrán, Cambados, Poio, Cangas, Verín, Burela, Pantón, Taboada e Mondoñedo. Ao redor de 400 persoas asisten a estes cursos, cuxa celebración comezou o pasado mes de outubro e que se prolongarán ata decembro.
No que atinxe ao contido dos cursos, este é: introdución á enfermidade de alzhéimer e outras demencias, síntomas cognitivos na enfermidade de alzhéimer e outras demencias, trastornos psicolóxicos do comportamento nos enfermos, terapias non farmacolóxicas, comunicación coa persoa con demencia, coidado da persoa coidadora, información sobre as asociacións de familiares enfermos de alzhéimer e outras demencias e a creación de grupos de autoaxuda mutua.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



