A Mariña será a protagonista de mañá no programa Km0 da Deputación. Un grupo de persoas da asociación de veciños de Galegos (Lugo) coñecerán o casco histórico de Viveiro. Ademais de visitar a igrexa de Santa María do Campo, a porta de Carlos V e o mirador de San Roque, achegaranse ata un dos areais máis importantes deste municipio, a praia de Covas. Asimesmo, un grupo de solicitantes individuais tamén se desprazará ata o Concello de Cervo, onde visitarán a ría e a ponte de ferro. Subirán a Estaca de Bares e farán unha ruta de sendeirismo de 7,5 quilómetros dende Morgallón pola beira do río Sor.
O Programa de Deputación Km0 leva a un grupo de persoas a Viveiro e outro a O Vicedo
O Programa de Deputación Km0 leva a un grupo de persoas a Viveiro e outro a O Vicedo
Relacionado
-
Charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Burela
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia