Santiago, 23 de novembro de 2015.- O director da Axencia Galega de Innovación (Gain), Manuel Varela, salientou este luns que o sector agroforestal galego será un dos maiores beneficiados no marco da creación do polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados que está a poñer en marcha a Consellería de Economía, Emprego e Industria. “Buscamos dar un salto cualitativo na prestación de servizos públicos mediante a aplicación de tecnoloxías baseadas nos avións aéreos non tripulados”, indicou Varela durante a apertura das Xornadas sectoriais sobre o uso dos UAV no ámbito agroforestal, celebradas en Santiago.
Varela lembrou que este proceso, a Civil UAVs Initiative, “representa unha das maiores apostas pola compra pública innovadora promovidas pola Xunta de Galicia”, cun investimento de 45 millóns de euros aos que hai que sumar os 10 millóns destinados á creación do centro mixto de investigación Xunta-Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) na localidade luguesa de Rozas.
Xunto ao centro de investigación, neste momento, Economía, Emprego e Industria ten aberta a fase de diálogo do proceso de selección do seu socio industrial, que ademais dun traballo de investigación a cinco anos implicará a adquisición de compromisos firmes de colaboración con empresas galegas do sector.
O socio seleccionado traballará conxuntamente ata 2020 nun ambicioso programa de I+D coa Xunta, que inviste 25 millóns de euros e actúa como cliente lanzador e validador de novas solucións para retos tecnolóxicos relacionados coa prestación de servizos públicos á cidadanía. A empresa elixida estará encargada de investigar a mellora destes servizos con base en sistemas aéreos non tripulados e promover a constitución do polo de innovación arredor deste sector en Rozas.
Prevención contra incendios
O director da Axencia Galega de Innovación desglosou a carteira de servizos priorizada pola Xunta no ámbito agroforestal para ser optimizados mediante a tecnoloxía dos avións non tripulados. En primeiro lugar, demándase o seu uso na captura de información xeográfica, co fin de actualizar os datos sobre infraestruturas, construcións, solos e inventario forestal a nivel de monte.
Polo que se refire á xestión dos recursos agroforestais, Varela apuntou que a Xunta demanda solucións avanzadas para a prevención e a loita contra incendios e a mellora da mobilidade de terras agrícolas, entre outros. Finalmente, búscanse tamén ferramentas para a elaboración e o seguimento de estudos e plans de ordenación territorial.
O director da Gain destacou que a fórmula utilizada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para realizar esta aposta “representa outro paso máis na súa traxectoria pioneira en Galicia no eido da compra pública innovadora, que supón o compromiso da Administración co desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para a mellor prestación dos servizos públicos á cidadanía, neste caso en dous ámbitos tan estratéxicos para Galicia como son o agro e o monte”.























Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



