Burela, a 26 de novembro de 2015.- O Grupo Municipal Popular do Concello de Burela acaba de presentar unha moción para ser debatida pola vía de urxencia no pleno ordinario a celebrar este xoves pola corporación municipal en relación co acordo adoptado no día de onte no Parlamento Galego, relativa a continuar co proxecto de ampliación e reformas do Hospital da Costa.
O portavoz do Grupo Municipal Popular, José María González Barcia, manifestou que “na moción, pedimos que o Pleno da Corporación se sume ó acordo adoptado polo pleno do Parlamento, e polo tanto instemos á Xunta a que se continúe co proxecto de ampliación do Hospital”.
Barcia dixo que “esta non é unha cuestión menor. Sabemos que o proxecto de ampliación consta de tres fases; por eso, e vendo con satisfacción que a Xunta comenzará a ampliación pola máis demandada, ou sexa, hospitalización, consultas externas e salas de diagnóstico, estimamos procedente demandar que se axilicen os procesos restantes. Non debemos esquecer que a primeira fase será adxudicada en tres meses, e xa vemos que as empresas que se presentan son solventes”.
O popular considera que “fóra de dialécticas partidistas que se dan no Parlamento, entendo que no concello de Burela todos os grupos deberíamos estar de acordo. E nese senso apelamos ó esforzo que se fixo desde o propio concello para facilitar a ampliación do Hospital: sen PXOM non habería ampliación, e eso é ben sabido polos técnicos que elaboraron o Plan Director”.
Finalmente, José María González Barcia, que salientou que “esta actuación é a máis demandada polos veciños de Burela e da Mariña”, manifestou que “pase o que pase hoxe no pleno do concello, e pese a quen lle pese, a ampliación está xa andando. Cómpre darlle o pulo definitivo para que ninguén dubide e que, eso sí, de unha vez por todas este asunto se saque da loita partidista”.