Santiago, 27 de novembro de 2015.- O deputado do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro valorou positivamente que a Xunta manteña a vontade de colaborar coa creación da residencia de Ribadeo ata o punto de anunciar a disposición da Consellería de Política Social de prorrogar ata finais de 2016 a vixencia do convenio.
Ata tal punto é así que o Goberno galego confirmou, en palabras do secretario xeral técnico da Consellería de Política Social, Javier Abad, que no momento en que desde a Alcaldía remitan os informes pendentes poderían achegarse os 500.000 euros comprometidos pola administración autonómica nun prazo aproximado de dous meses.
“Onte explicaron que o convenio tiña dúas anualidades, 2014 e 2015, que o alcalde de Ribadeo inexplicablemente deixou que se esgotaran sen avances. Como mostra de boa disposición e con ánimo de entendemento a Xunta non dá por caducada a súa oferta, mantén aberto o expediente, e está disposta a reiterar a proposta de colaboración económica prorrogándoa ata o 31 de decembro de 2016”-explicou o deputado resumindo as palabras do secretario xeral técnico.
INFORMES INDISPENSABLES
Javier Abada, número dous da Consellería de Política Territorial tamén confirmou, en resposta a preguntas do deputado popular, que a administración leva agardando quince meses a que o Goberno local remita os informes solicitados (de viabilidade e non duplicidade) e que estes deben achegarse con carácter previo á sinatura do convenio porque así o establece a lei e porque, con toda lóxica o Goberno galego non non pode dispoñer dunha cantidade tan relevante de cartos públicos sen garantir, co informe correspondente do interventor municipal, a viabilidade da futura residencia e a capacidade do Concello de facer fronte ao seu mantemento e xestión sen poñer en risco a facenda local.
NINGUÉN ENTENDE O BLOQUEO
Pola súa banda, Balseiro asegura que estamos ante unha situación de claro bloqueo, que protagoniza ao alcalde de Ribadeo e, insiste, en que o seu mantemento non beneficia a ninguén. O deputado explicou que formulou esta pregunta parlamentaria porque todo este asunto está inmerso nunha cerimonia de confusión e porque considera que os veciños de Ribadeo merecen coñecer os pasos dados pola Xunta e polo Concello durante estes anos. Balseiro asegurou que este enfrontamento non cre que teña sentido para ningún veciño e pide superalo.
O deputado popular mantén que “se conseguimos o máis difícil, que todas as administracións (Xunta, Concello e Deputación) estean dispostas a colaborar coa futura residencia, ninguén pode entender que o alcalde busque desesperadamente argumentos para boicotear esa colaboración da Xunta, salvo claro esta, que sexa unha cuestión de partidismo: Suárez Barcia quere dar a entender, e non é certo, que malos son estes da Xunta que non achegan o diñeiro”.
Por todo iso Balseiro concluíu lamentando a postura do alcalde e a vagancia do Equipo de Goberno por non remitir ningún dos informes solicitados (incluído o que se pide ante a Consellería de Presidencia, un simple trámite sinxelo que levan quince meses sen realizar) todo iso a sabendas de que desbloquearían a situación. Finalmente lembra que o Concello non ten dereito a poñer en perigo unha colaboración tan indispensable por unha simple discusión sobre a interpretación que fan dun trámite burocrático que o propio alcalde recoñece que tarde ou cedo debe cumprir.



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



