A Mariña, 4 de decembro de 2015.- As candidatas e candidatos da comarca da Mariña que fan parte das candidaturas ao Congreso e Senado na coalición Nós – Candidatura Galega, participaron xunto ao alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez e outros membros do goberno nacionalista Ribadense no acto de inicio de campaña no Parque de San Francisco.
Na primeira pegada que da inicio á campaña oficial participaron dentro da candidatura ao Congreso a barreirense Montse Porteiro e o candidato número catro, Xosé Paleo de Foz. No mesmo acto estiveron a profesora Teresa González Piñeiroa, e o médico Iago Villamil. Tamén participou o candidato número dous ao Senado Orlando Gonzalez.
Montse Porteiro, sinalou que “Cada unha de nós vén de distintos concellos con problemáticas diferenciadas e de distintos sectores, aos que trataremos de dar voz por medio desta candidatura que se caracteriza pola defensa inequívoca dos intereses das galegas e dos galegos”.
“A nosa función será trasladar a defensa da comarca e da súa capacidade aló onde corresponda, non deixando que os problemas das nosas veciñas e veciños queden esquecidos e só se lembren desta comarca en períodos electorais”. “Traballaremos para que Galiza teña por primeira vez grupo parlamentar propio para defender os intereses da comarca e do conxunto da nación como ven facendo o BNG, integrante da coalición, desde fai vinte anos”, afirmaron.
A defensa de vivir e traballar na Mariña, obxectivo principal
O dereito a traballar e vivir na comarca para rematar coa sangría migratoria que expulsou por falta de oportunidades a mais de 3.000 mozas e mozos da comarca anos últimos cinco anos. A reclamación do remate de infraestruturas pendentes, a apertura ao tráfico comercial do dique norte de Morás e o fin do saqueo ao que nos somete a Autoridade Portuaria Ferrol San Cibrao que ingresa aquí mais non reinviste o que recada. Non queremos ver barcos despezados, queremos velos traballando no mar e xerando dinamismo e emprego en terra, queremos seguir contando cun sector agro – gandeiro potente, que poda vivir do seu traballo e un sector forestal puxante e con futuro sen estar sometido á chantaxe das grandes papeleiras.
A Mariña é unha comarca cun gran potencial na xeración enerxética, mais os beneficios non quedan aquí, as nosas empresas e familias non se benefician da nosa capacidade produtiva, polo que reclamamos unha tarifa eléctrica social e galega.
Nós – Candidatura Galega seguirá os pasos de quen, por primeira vez hai 20 anos falou de Galiza no Congreso, soportando burlas e ninguneos de quen debera defendela, mais coa dignidade de quen acredita na nosa xente e en que, coa forza do noso pobo, é posible mudalo todo.


















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



