A Mariña, 8 de decembro de 2015. Olalla Rodil participou xunto ao alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, Martín Graña, Teresa González Piñeiroa e Orlando González, intengrantes das candidaturas ao congreso e senado da coalición Nós –Candidatura Galega nun acto público no Cine Teatro de Ribadeo.
Para a cabeza de lista de Nós – Candidatura Galega ao congreso, as pequenas e medianas empresas así como o pequeno comercio pagan as consecuencias dunha política impositiva nefasta para os seus intereses, “mentres a presión fiscal e a carga da crise recae sobre este sector obrigando en moitos casos a botar o peche, as grandes empresas e as multinacionais benefícianse de amnistías fiscais, teñen ferramentas para a evasión as SICAVs e tributan moi por baixodo que o fan as PEMEs e o comercio de barrio”.
Para Olalla Rodil “non ten sentido nin é xusto que traballadores autónomos paguen 300 euros mensuais aínda cando haxa veces que non ingresen nin esa cantidade ao mes”, alegou Rodil e engadiu que “para os autónomos e autónomas habituais no comercio local, Nós – Candidatura Galega propón suprimir a taxa fixa mínima de 300 euros mensuais de impostos para que pasen a tributar en función dos seus ingresos”.
Nós – Candidatura Galega defenderá o seu programa nas cortes xerais do Estado que pasa por “eliminar as SICAVs por ser un mecanismo de evasión fiscal co fin de redistribuír a carga impositiva para facela mais xusta, reducir impostos ao pequeno comercio para pasar do 25 ao 10% o Imposto de sociedades para todas as empresas con menos de cinco traballadores e cunha facturación inferior aos 2 millóns de euros anuais”.
Olalla Rodil explicou algunhas das propostas de NÓS como “a rebaixa dos tipos impositivos do IVE xeral e reducido, ao 16% e 7% respectivamente, restituíndo deste xeito os tipos existentes antes da suba que impulsou o Goberno español. Tributación ao tipo do 4% de todos os bens e prestacións de servizos ligados á cadea alimentaria, cultura, a factura da luz e produtos de hixiene íntima que aínda tributan a outros tipos superiores”.
Pola súa banda Montse Porteiro e Orlando González, respectivamente candidatos ao congreso e senado, “reclamaron a necesidade dunha voz forte e propia nas cortes xerais do Estado e non unha procesión de caladiños que van a Madrid de paseo e cando toca posicionarse esquecen a súa procedencia e quen os votou” como sucedeu nos últimos catro anos cun deputado do PP mariñao. “En Madrid fai falla xente que teña como único mandato defender os intereses da Mariña, de Lugo e de Galiza para solucionar problemas como o da A8 no Fiouco, o resto de estradas de competencia estatal tanto existentes como de nova execución, frear o saqueo da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao coas taxas por tráfico portuario recadadas en San Cibrao e abrir dunha vez ao tráfico comercial o dique norte de Morás”.
Martín Graña e Teresa González Piñeiroa puxeron sobre a mesa a necesidade de frear a degradación dos servizos públicos, “reclamaron a derrogación da LOMCE ou o Decreto-lei 14/2012 de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo”, por encarecer as taxas universitarias e a matrícula na Universidade, reducir profesorado e incrementar as ratios. A aposta por un ensino laico e a transferir a Galiza tódalas competencias en materia educativa. Teresa González Piñeiroa“insistiu na necesidade de acometer medidas urxentes contra o feminicidio e traballar desde tódolos campos pola igualdade de xénero para acabar coa lacra da violencia machista e as desigualdades en materia de xénero. Mentres Martin Graña,“reclamou un futuro mellor para poder vivir e traballar na propia terra, non como as mais de 3.000 mozas e mozos da comarca obrigados a emigrar nos últimos cinco anos por falta de oportunidades”.
O alcalde nacionalista de Ribadeo, Fernando Suárez “lembrou que a presenza do nacionalismo galego nas cortes xerais do estado, nomeadamente do BNG, permitiu en momentos de ausencia de maiorías absolutas, exercer a presión necesaria para traer a Ribadeo investimentos moi necesarios, agora toca facelo outra vez porque seguimos agardando por cuestións tan importantes para o concello como os accesos desde a A8, o acceso ao peirao de Mirasol, o desenvolvemento turístico da ruta verde á Pontenova ou que a Praia da Catedrais sexa declarada parque natural”.




















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.



