Burela, 8 de decembro- En Marea celebrou este martes en Burela un mitin no que o número 1 da candidatura en Lugo, Miguel Anxo Fernán-Vello, estivo apoiado pola deputada, e número 2 de En Marea por A Coruña, Yolanda Díaz.
En primeiro lugar falou José Manuel Pérez Afonso, número 3 de En Marea en Lugo, que destacou que a coalición nace polo futuro, “hai que renunciar a siglas, egos e personalismos e unir forzas para construír o futuro da nosa xente”. “Somos xente normal, pedindo cousas normais, e iso parece que é o extraordinario –asegurou-. Resulta extraordinario pedir educación de calidade, sanidade pública ou traballo digno”.
Pérez Afonso contou que él tamén tivo que emigrar, pero decidiu volver para loitar polo futuro deste país. “Sodes vos e nos, a xente do común, os que temo que decidir o futuro que queremos e eu teño a sensación, a certeza, de que vamos a protagonizar un cambio -dixo-. O 20 de decembro vamos ir En Marea e vamos a ensinarlles a gobernar para a xente”.
Detrás del, Yolanda Diaz, candidato número 2 de En Marea por A Coruña, comezou recordando que dende o 15M a xente deixou claro que eles son os protagonistas. “Estaban fartos de que non se creara emprego, porque dende que goberna a dereita destruíronse 185.000 postos de traballo, 50.000 postos de traballo industrial -apuntou-. É moi grave que non se garantan os dereitos básicos, que 18.000 familias non poidan facer tres comidas ao día, que non se garanta o dereito a unha vivenda digna e que non se garante o dereito a un traballo digno”.
Yolanda Díaz asegurou que “estas eleccións non van só de cambiar o goberno, van de cambiar o sistema”. “O PP deu un golpe de estado mudo cando decidiu cambiar a constitución para priorizar o pago da débeda”
A candidata de En Marea asegurou que a coalición quer derogar as dúas últimas reformas laborais, “tanto a do PP como a do PSOE -dixo- xa que hai que lembrar que por mor desa reforma, por primeira vez, os traballadores pagan parte do seu despedimento, mesmo sendo improcedente”. E tamén asegurou que derogarán a reforma das pensións do PSOE, a Lei Wert de educación e garantirán unha sanidade realmente universal e gratuíta. “Hai cidadáns de primeira e de segunda -advertiu-, e queremos derogar as normas que provocan isto”.
“Hai alternativa -asegurou-, pero para iso temos que ter forza, a forza do pobo o 20D. E os candidatos de En Marea comprometémonos a volver aquí a render contas e a dicirvos se cumprimos ou non cumprimos o prometido. E se non cumprimos podes darnos, metaforicamente, unha patada e dicirnos, por aí non pasamos”.
Apoio ao sector pesqueiro
O último en intervir foi o candidato ao Congreso de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, que falou da importancia que ten para Galicia o sector pesqueiro e da problemática que vive a flota do cerco e a flota da pesca artesanal galega, con un importante peso en Burela e na Mariña lucense. “En Marea fai propias as súas reivindicacións contra as continuas e inxustas reducións das cotas”, asegurou.
Tamén insistiu en que para En Marea o primeiro son ás persoas. “Presentámonos a estas eleccións porque queremos poñer a política, economía, educación, sanidade ao servizo da maioría – traballaremos para que exista unha verdadeira política social. A nosa primeira medida será rescatar á cidadanía, que está por diante dos bancos e dos grandes monopolios”
Na súa intervención, Fernán Vello aludiu tamén ao tema da débeda. “Acaba de saberse que o Goberno da por perdidos 36.000 millóns de euros do rescate aos bancos, e para cadrar as contas rouban 33.000 millóns de euros á caixa das pensións”, dixo.
Igualmente falou de temas tan relevantes como violencia de xénero e á exclusión social. “O 18% da poboación galega vese afectada por procesos de exclusión social, e a propia Cruz Vermella denuncio que o nivel de pobreza infantil é o máis alto dos últimos 10 anos -asegurou-. Sabe o goberno da Xunta que máis de 4.000 fogares galegos sofren carencias de alimentos?”
Por todo isto, convidou á xente e entrar en www.enmarea.gal e consultar as 20 propostas de En Marea para o 20D. “Estamos aquí para defender unha educación e unha sanidade pública, o dereito á vivenda, os nosos recursos e o ben común -dixo-. As mulleres e homes de En Marea nacemos para ser unha ferramenta política para rachar coas vellas políticas e para borrar de vez o caciquismo, do que se sabe moito en Lugo”.
“Dende as eleccións municipais, as Mareas gobernan varias cidades de Galicia, e agora toca levar a marea de Lugo e a marea galega ao Congreso de Deputados, para buscar solucións de carácter público e facer política de outra maneira”,. Acreditamos no poder da xente. O poder da xente concentrada é moito máis forte que os das institucións financeiras”



















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



