Chegou o día de coñecer quen serán as dúas mulleres finalistas e a gañadora do Certame “Mujer del Año” Mujeres en Igualdad Burela. Será este sábado 12 ás 10.00 horas durante un almorzo que terá lugar no Hotel Nordés de Burela.
A este certame, ademais de asistir a Presidenta de Mulleres en Igualdade Burela, Mary Fraga, tamén asistirán representantes de diferentes asociacións e tamén unha representante do Burela Fútbol Sala Feminino, que contará como foi a súa experiencia como muller nun deporte tradicionalmente visto como de homes, pero co que ela e o seu equipo souberon facerse valorar conseguindo o Campionato de España de Fútbol Sala Feminino en dúas ocasións facendo de Burela un referente a nivel nacional neste deporte, e dando a coñecer este pobo en moitos lugares de España, onde antes nunca se oira falar de Burela.
Con este certamen pretendemos dar un recoñecemento a todas aquelas mulleres que por algún motivo conseguiron destacar, xa sexa polo seu labor humano, polos seus méritos conseguidos ou por calquera outro motivo polo que se considere que esa muller merece ser por un día merecedora dun recoñecemento.
Recibimos moitístimas candidaturas, aínda que por suposto só entraron a concurso aquelas en as que tanto a persoa que nos haxa boto chegar a proposta como a persoa nomeada en cuestión, asistiran ao acto que se celebrará o vindeiro sábado 12, xa que este era un requisito indispensable da convocatoria publicada. Aclara Mary Fraga, que aproveita para adiantarnos que a elección para os membros do xurado non foi tarefa fácil, e quere aproveitar para agradecerlles desde aquí o traballo e esforzo realizado, así como o traballo e esforzo de todas as persoas que colaboraron na organización deste certame.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



