Lugo, 10 de decembro de 2015.- O portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro asegurou este xoves que a principal preocupación do Partido Popular son as persoas e, polo tanto, facer políticas que garantan que temos os mellores servizos públicos para atender as necesidades de todos. “Agora créase emprego, o que permite destinar máis recursos ao elemento vertebrador da sociedade, as persoas, prestando atención ao seu benestar e protexendo aos máis vulnerables”, explicou Barreiro.
O líder dos populares en Lugo fixo estas declaracións en senllos actos con afiliados en Ribadeo e Trabada, nos que estivo acompañado polo Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. O portavoz popular no Senado subliñou que “a mellor política social que existe é a creación de emprego porque cando hai máis xente traballando, máis persoas poden desenvolver os seus proxectos de futuro e hai máis recursos para financiar os servizos públicos”.
José Manuel Barreiro sinalou que por iso son tan importantes as medidas económicas implementadas por Mariano Rajoy “que conseguiron iniciar o camiño da recuperación, garantir as pensións e mellorar a atención a dependentes”. Neste sentido, Barreiro destacou os máis de 16.000 millóns destinados ao Plan Integral de Apoio á Familia ou o incremento de máis dun 6% no orzamento para a loita contra a violencia de xénero.
Exención do IRPF
“Cremos que a creación de emprego é o camiño acertado e está dando resultados, por iso imos continuar adoptando todas as medidas posibles para xerar postos de traballo”, asegurou o candidato popular ao Senado por Lugo. Destacou que a próxima lexislatura será máis fácil crear emprego estable e para incentivalo o PP bonificará con 500 euros durante catro anos a creación de contratos indefinidos.
Ademais, José Manuel Barreiro recordou que co Partido Popular non terán que pagar IRPF durante o primeiro ano aqueles que atopen o seu primeiro emprego nin tampouco aqueles que queiran prolongar a súa vida laboral máis aló da idade de xubilación. “Só a experiencia e a estabilidade política que aporta o PP permitirán seguir avanzando na creación de emprego e o benestar das persoas”, matizou.
Apoio ao gasoducto
Na súa intervención Barreiro destacou que o PP sempre apoiou aos sectores estratéxicos da Mariña “porque sabemos que son imprescindibles para a reactivación económica”. Puxo como exemplo o apoio ao gasoducto, “unha infraestrutura moi importante para o sector industrial da comarca”.
O dirixente popular recordou que a obra é o resultado dun esforzo compartido pola Xunta de Galicia, Gas Natural Fenosa e Alcoa. Nela investíronse máis de 30M€ e garante o subministro a máis de 55.000 usuarios domésticos, comercios e industrias de sete concellos. Entre os seus usuarios inclúese Alcoa, principal motor económico e social da Mariña.
Visita ao Astillero Armón
Antes de visitar Ribadeo e Trabada, o presidente do PP de Lugo estivo no Astillero Armón, en Burela, outro dos alicerces económicos da comarca. O astillero foi fundado en 1992 e na actualidade pode albergar a construción simultanea de ata 6 buques de 30 metros de eslora. Barreiro afirmou que tanto o Goberno de Mariano Rajoy como o de Alberto Núñez Feijóo mostraron o seu “apoio rotundo” ao sector naval e insistiu en que se avanzará en novos proxectos para xerar máis carga de traballo a un sector “imprescindible para a dinamización da economía galega e en particular para a Mariña”.


















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



