A Mariña, 11 de decembro de 2015. A Mariña Federación entregou xa 8.000 euros en vales de compra ás afortunadas e afortunado (Josefa Rodríguez, Mª Dolores Salgueiro, Claret Agreda e Antonio García) no sorteo da campaña de Nadal, celebrado o pasado 1 de decembro.
A Federación de Comercio mariñá segue buscando aos posuidores de dous papeletas premiadas. Trátase do número 221.697 (2.000 en vales de compra para gastar no comercio asociado ao Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro). Esta papeleta repartiuse na Clínica Fouz & Culebras; e do 178.876 (2.000 euros en vales de compra para gozar no comercio asociado a Acia de Xove).
Os afortunados poderán reclamar os seus premios ata o día 18 de decembro e facer uso de válelos ata o 5 de xaneiro de 2016. Segundo explican desde A Mariña Federación “para comunicar o premio, deben dirixirse ao facebook A Mariña Comercio, descargar en Android a APP A Mariña Comercio, e no apartado noticas aparecerá, ou no teléfono 634 753 812”.
A directiva da Mariña Federación sinala que “animamos a todos as persoas que pasaron por esa clínica de Viveiro e a aqueles que fixeron as súas compras no comercio de Xove a que revisen os seus papeletas. Temos 4.000 euros pendentes de entregar e estamos desexando facelo”.
A Mariña Federación sorteou 12.000 euros en vales de compra na súa campaña de Nadal deste 2015.




















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



