Burela, 11 de decembro de 2015.- Vista Alegre, a afección laranxa e o Burela FS Pescados Rubén pelexarán este sábado por seguir axexando de preto o titánico Atlético de Madrid Navalcarnero. O líder de Primeira RFEF pisará o parqué cunha traxectoria impecable, invicto nos seus 10 compromisos e máximo goleador da elite 201-16, con 71 goles a favor e 16 en contra. A pugna no cume, entre a primeira praza madrileña (30 puntos) e a segunda mariñá (25), dirimirase a partir das 18.30 horas e poderá seguirse en directo por streaming.
As pupilas de Iván Cao ‘Lucas’ avalaranse na súa solidez defensiva, como conxunto menos goleado da categoría (13 tantos encaixados), e no espírito e garra da bomboneira para romper todas as quinielas e bater a imbatibilidade da estelar escuadra capitalina.
No vestiario burelista, xunto á ausencia da xaponesa Shiori, cunha rotura parcial do ligamento cruzado anterior que a materá afastada durante meses das pistas, tampouco estará Claudia, por unha rotura muscular. Será dúbida Gaby, por molestias nun nocello. Nas filas madrileñas, segundo as declaracións de Andrés Sanz á La Voz de Galicia, non haberá baixas.
CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 31. Eva
Campaña de recollida de xoguetes
Un ano máis a peña A Pataca Naranxa, en colaboración con Cruz Vermella, pon en marcha a campaña de Nadal de recollida de xoguetes. Ata o luns 21 de decembro todas as persoas interesadas poderán depositar as súas doazóns non pavillón Vista Alegre; tamén poderán poñerse en contacto a través do número 607 748 786 para recollida a domicilio.
Copa Galicia
O equipo de Lucas centrarase a próxima semana na Copa Galicia con dobre duelo antes de medirse en liga ao Jimbee Roldán FSF. O mércores, día 16, Vista Alegre recibirá o Poio Pescamar ás 20.00 horas, con taquilla solidaria en favor da Asociación Protectora de Animais Bigotes de Burela. O xoves, 17, desprazarase a Vigo para medirse ao Olivo FSF a partir dás 21.15 horas.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
