Nota de Prensa
Empraza ao PSOE a actuar con valentía reclamando ao Ministerio de Fomento, de José Blanco, a creación deste xestor portuario autónomo para A Mariña
BALSEIRO SUBLIÑA O CARÁCTER HISTÓRICO DA POSICIÓN FAVORABLE DE PORTOS DE GALICIA PARA QUE A MARIÑA POIDA CONTAR CUNHA AUTORIDADE PORTUARIA PROPIA
* “Fixo falla que o Partido Popular asumira a responsabilidade de Goberno, para que a administración escoitara e se comprometera a defender esta proposta despois de anos de discriminación, esquecemento e silencio”
* PSOE e BNG votaron repetidamente en contra da creación dunha autoridade portuaria propia para A Mariña, mentres que un Goberno do PP posibilitou que Lugo sexa provincia marítima, paso previo para conseguir este obxectivo.
Santiago, 16 de outubro de 2009.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro Orol, subliñou hoxe a grande importancia e o carácter clave da declaración efectuada desde o Ente público Portos de Galicia, que vén de anunciar a súa boa disposición para a creación dunha autoridade portuaria propia na Mariña lucense de ser esta tamén a determinación do Goberno do Estado.
O deputado popular explicou que esta é a primeira vez na que desde a Xunta se defende a posibilidade de facer realidade esta histórica reivindicación da sociedade da nosa comarca, conscientes de que actuaría en beneficio da Mariña lucense. Deste xeito, o volume económico e productivo derivado do tráfico de mercadorías e servizos nos portos da Mariña redundarían de forma plena na costa lucense. “Fixo falla un cambio de Goberno na Xunta, que o Partido Popular asumira a responsabilidade de Goberno, para que a administración escoitara a nosa proposta e se comprometera a defendela despois de anos de discriminación, esquecemento e silencio”.
COMPETENCIA ESTATAL
En todo caso, agora a “pelota está no tellado do Goberno central” que, como organismo competente neste ámbito, debe decidir, por unha banda, a creación da autoridade portuaria propia para a costa norte de Lugo e, por outra, a determinación dunha coordinación entre os portos da cornixa marítima lucense.
PSOE E BNG VOTARON REPETIDAMENTE EN CONTRA
Balseiro Orol foi moi crítico coa posición mantida ata o momento por socialistas e nacionalistas quen, na pasada lexislatura, votaron repetidamente xa non só en contra da creación dunha autoridade portuaria propia para Lugo, senón incluso mantiveron este mesmo voto negativo, repetidamente, en cantas iniciativas con este obxecto se debateron en distintos ámbitos, entre eles o propio Parlamento de Galicia. Pola contra, explicou o voceiro popular do Mar, foi un Goberno do PP o que posibilitou –en 2002- que Lugo sexa provincia marítima, paso previo para conseguir este obxectivo e para a consolidación deste departamento administrativo no litoral lucense.
De feito, insistiu Balseiro, “só o PP vén mantendo unha actitude coherente neste asunto. Nunca mudou a súa postura favorable a outorgar a posibilidade de que un ente autónomo da Mariña xestione os seus portos. E seguimos nesta mesma liña a diferenza daqueles outros partidos que non son de fiar e cambian de criterio cando están en Madrid, na Mariña ou en Santiago, ou cando están no Goberno ou na oposición” – en referencia a socialistas e nacionalistas-.
RECLAMA VALENTÍA AO PSOE DA MARIÑA
Centrándose no deputado Ismael Rego, reclamoulle valentía e compromiso coa Mariña de tal xeito que sexa capaz de pedirlle ao seu compañeiro de partido, o lucense Jose Blanco, Ministro de Fomento, que sen máis dilación cree a Autoridade Portuaria da Mariña “o PSOE, coa complicidade do BNG sempre sumiso, leva seis anos discriminando A Mariña e privando a esta comarca dos ingresos e investimentos que por dereito nos corresponden, pois son cartos xerados nas dársenas sitas nesta comarca. Chegou o momento de que esto cambie ou pronto acontecerá como en Galicia, que os veciños lles cambiarán a eles”.
Finalmente, Balseiro tamén pediu ao PSOE que apoie ao PPdeG na defensa dos intereses dos portos da Mariña e, moi en concreto, do porto comercial de Ribadeo que está a sufrir a ameza latente de perda de tráficos e de empresas, como consecuencia da competencia do porto de Xixón. “Fomento e, polo tanto o PSOE de Ismael Rego, ten que decidir se a súa prioridade e beneficiar a Xixón, baleirando de servizos ao porto de Ribadeo, ou impulsar a darsena mariñá para que poidan competir en igualdade de oportunidades”

















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



