Lugo, 17 de decembro de 2015.- O portavoz do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, asegurou na tarde deste xoves que o que España necesita é experiencia, moderación e seguridade. “Necesitamos A experiencia de Mariano Rajoy, a moderación do Partido Popular e a seguridade de que imos conseguir un país con vinte millóns de españois traballando”.
Barreiro fixo estas declaracións no acto central do Partido Popular de Lugo, no que tamén estiveron presentes o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o Candidato ao Congreso, Joaquín García Díez e o presidente da Xunta Local do Partido Popular na cidade de Lugo, Jaime Castiñeira.
O portavoz do GPP no Senado indicou que nestas eleccións só hai dúas opcións: o proxecto de futuro e que ofrece resultados do PP e o modelo do desastre económico do PSOE e os seus novos aliados. Recordou que está en xogo avanzar ao 2020 con 20 millóns de españois traballando e as pensións e os servizos públicos garantidos, ou volver ao 2011 con recesión e paro e o Estado de Benestar en risco. “Non a xogues o 20 de decembro, a lotería é o día 22”, matizó José Manuel Barreiro.
Así mesmo, Barreiro destacou que o PP é o único que fala ben de España e o único que respecta a vontade da xente “porque a democracia significa que goberna quen a xente quere que goberne”. Sinalou que só o voto ao PP garante saber quen te vai a gobernar logo das eleccións e que políticas se van a levar a cabo. “Todo o demais é xogar á ruleta rusa do bipartito ou do tripartito”.
Neste sentido, o líder dos populares en Lugo destacou que os votos a Ciudadanos son votos perdidos porque “non teñen ningunha proposta para a nosa comunidade e non lles gusta que se invista nela”. Tamén advertiu do risco dun pacto de esquerdas radical PSOE-Podemos. “Podemos é un partido Maduro, pero non pola súa experiencia senón porque segue o modelo de quen encarcela a presos políticos en Venezuela e levou ao seu país á ruína”, aclarou.
“En Galicia temos o exemplo de Beiras -continuou- que fai chamamentos a incumplir e violar as leis do noso ordenamento democrático”. José Manuel Barreiro pediu que antes de votar pensemos se queremos apostar pola España moderada que representa Mariano Rajoy, ou polos populismos radicais de Beiras en Galicia e de Pablo Iglesias e o PSOE en España.
Orgullosos do traballo feito
O Candidato ao Congreso por Lugo, Joaquín García Díez, reivindicou o traballo realizado polo Goberno de Rajoy estes catro anos de lexislatura, co apoio de todas as persoas. “Fronte a catastrofistas e demagogos nós estamos orgullosos de todo o feito e comprometidos co que queda por facer, con todos aqueles que aínda non perciben a recuperación”, afirmou.
“Xogámonos moito -continuou- por iso este domingo temos que optar pola estabilidade e a confianza no futuro que ofrece o PP”. Recordou que o voto a Rajoy é o único voto útil para evitar unha posible alianza de esquerdas entre PSOE e Podemos que só traería inestabilidade e volvería a abocarnos á bancarrota e ao rescate.
García Díez pediu que nas urnas “elixamos as siglas do PP as únicas que garanten a vixencia histórica da España constitucional e non as que queren dala por finiquitada”.
Pola súa banda, o presidente da Xunta Local do Partido Popular na cidade de Lugo, Jaime Castiñeira, advertiu de que “quen vote a Ciudadanos porque quere castigar ao PP, a quen está castigando é a España”. “Cada voto a Ciudadanos na provincia de Lugo é un voto a Podemos, que é o partido co que competimos polo deputado que está en xogo”, matizó.
Castiñeira puxo o exemplo da cidade de Lugo: “aquí xa vimos que o PSOE está disposto a calquera cousa con tal de tocar poder, ata a sacrificar a quen lle salvou os mobles nas eleccións, e se non que llo pregunte a Orozco ou Manolo Martínez”, concluíu.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



