O Concello de Xove continúa coas actividades programadas para este Nadal. Concretamente, para este sábado 19 de decembro, teñen un amplio espectro de actividades organizadas dende as concellerías de cultura e turismo respectivamente.
Visita de Papá Noel polas parroquias
Montado no seu vehículo especial, vai percorrer tódalas parroquias con arranxo ao seguinte horario:
-11:00 h. Centro Social de Monte.
-11:30 h. Escola de Gulpilleiras, na Rigueira.
-12:00 h. Club Palmeiro.
-12:30 h. Centro Social do Cruceiro.
-13:00 h. Centro Social de A Vara.
-13:30 h. Centro Social de Vilachá.
-14:00 h. Pórtico da Igrexa de Morás.
-14:30 h. Centro Social de Lago.
-15:00 h. Centro Social de Sumoas.
Deste xeito, tódolos neno/as do Concello terán a posibilidade de estar con Papá Noel.
Inauguración do Belén Municipal
O Belén, que foi montado polo personal do Concello e que ocupa unha boa parte do Parque do Centro Cívico, vaise inaugurar a partires das 17.00 horas deste sábado.
Como en cada edición, nesta inauguración participarán os alumnos e alumnas da Escola de Maiores do Concello de Xove e, como novidade, este ano 2015 estarán acompañados polos nenos da Grupo de Teatro da ACD Xove. A coordinación desta montaxe corre a cargo do Laboratorio de Investigación Social.
A inauguración contará cun guión narrado para que o público poda seguir á acción que se desenvolve na Aldea de Belén, protagonizada polos anciáns e polos nenos. Deste xeito, ademais de dar comezo á grande atracción que supón cada ano o Belén Xigante de Xove cunha proposta teatral atraente, queremos lograr unha colaboración xeneracional entre as persoas máis maiores do Concello (que representan esta función dende hai sete anos), e os actores e actrices máis pequenos do Grupo de Teatro.
Inauguración da Exposición de Fotografía de Cristian Carabalí
Esta vai ser a última das actividades programadas pola Concellería de Cultura para mañá sábado. A mesma vai comezar arredor das 19.00 horas, despois de rematada a presención do vídeo “Xove emociona”, da cal falaremos de seguido.






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



