SAN CIBRAO .- a área de Cultura de Deputación valora de xeito positivo e califica de “rotundo éxito” as actividades desenvolvidad conmotivo do cuarenta aniversario do museo do mar nas que particiarón “máis dun milleiro de persoas”,aseguran, nos dous días de celebración
Nota de Prensa
A ÁREA DE CULTURA VALORA DE XEITO POSITIVO O ROTUNDO ÉXITO DAS ACTIVIDADES DO 40 ANIVERSARIO DO MUSEO DO MAR
Máis dun milleiro de persoas participaron nos dous días de celebración das actividades pensadas e programadas para todos os públicos, favorecendo as relacións interxeracionais
LUGO, 14 de outubro de 2009. Desde a Área de Cultura da Deputación, que dirixe o nacionalista mariñán Antonio Veiga, valorouse de xeito enormemente positivo e gratificador o éxito que acadaron as actividades organizadas para conmemorar o 40 aniversario do Museo Provincial do Mar de San Cibrao, a pasada fin de semana. Tanto o delegado de Cultura, Antonio Veiga, como a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, basearon o éxito do conxunto de actos no estar pensados por e para todos e todas, algo que condensa a filosofía das actividades programadas pola entidade museística ao longo de todo o ano e que conseguiron crear un clima que favoreceu o diálogo interexeracional e as relacións interculturais entre todos os participantes. De feito, só no último día das actividades conmemorativas participaron preto de 600 persoas, o que dá boa conta da repercusión e seguimento que tiveron por parte da poboación local, que olla con cariño un Museo do Mar que ben pode ser considerado de seu.
Desde a primeira das actividades, a celebración do 40 aniversario do Museo do Mar estivo cargada de momentos emotivos pola súa significación para todas as persoas que durante anos co seu traballo contribuíron a edificar este patrimonio para que todos puidesen gozar del, erixindo o Museo do Mar de San Cibrao, o máis antigo adicado ao mundo do mar de Galiza.
O pasado sábado 10, foron os antigos alumnos e os herdeiros do profesor Francisco Moisés Rivera Casas, os familiares do matrimonio formado por José Manuel Fernández Montenegro e Manuela Goñi Maiste, e diversas autoridades locais quen descubriron a placa honorífica na que se fai referencia ao labor cultural e divulgativo desenvolto en 1969 polo profesor Rivera Casás e máis á doazón de 60.000 pesetas, realizada en 1931 polo matrimonio anteriormente citado, que permitiu a construción do edificio que actualmente alberga o Museo do Mar de San Cibrao e que ata os anos 70 amparou a escola da vila.
Antonio Veiga e Encarna Lago recibiron esa mesma mañá, acompañados por un grupo de rapaces e rapazas da vila, aos alumnos e alumnas do curso 1969/70 do antigo Centro Educativo José Manuel Fernández Montenegro. De forma conxunta, as dúas xeracións leron varios textos literarios nos que o mar era o protagonista indiscutible. Os antigos alumnos e alumnas do profesor Rivera Casas aproveitaron a súa visita para doarlle ao Museo do Mar un dos pupitres nos que estudaban a finais dos setenta e unha maqueta dun barco. Xa pola tarde, e logo do descubrimento da placa honorífica, o alumnado da escola Fernández Montenegro e numerosos veciños participaron nun coloquio no que unha maqueta dunha embarcación da época, realizada polo mariñeiro e veciño da zona, Cipriano Ponte, centrou boa parte dos seus comentarios ao ser elixida coma o símbolo dunhas datas nas que San Cibrao comeza a ser centro cultural de referencia da Comarca da Mariña.
Os actos conmemorativos do 40 aniversario do Museo Provincial do Mar remataron o domingo, poñendo o broche de ouro á fin de semana festiva. Máis de 600 persoas, xente da vila e de fóra, pequenos e maiores, achegáronse ao Museo do Mar de San Cibrao para sumarse á conmemoración dos 40 anos dunha data na que o impulso altruísta dunhas persoas da localidade foi recollido para compoñer un museo convertido hoxe nunha referencia na Mariña polo seu dinamismo e implicación nun territorio, cumprindo unha importante función social dos museos que moitas veces permanece esquecida e pouco valorada.
Esta xornada festiva conxugou á perfección os intereses para todos os públicos. Ao mediodía, Antón Castro deleitou á morea de nenos e nenas que se xuntaron para escoitalo e facer bulir xuntos a súa imaxinación. Xa pola tardiña, o documentalista pontevedrés Lino Pazos compartiu cos presentes os seus fondos coñecementos sobre o mundo do mar nun relatorio sobre a caza de baleas, unha práctica pesqueira común hai anos no litoral lucense e que hoxe desapareceu. Xa para rematar, e como colofón, a actuación do grupo local Clan Maragato foi seguida entre continuos aplausos por unha morea, ou marea, de xente que se achegou ao Museo do Mar de San Cibrao para despedir estes 40 anos dun museo que naceu, vive e será sempre para todos e todas os mariñáns e lucenses.
As actividades programadas pola Área de Cultura da Deputación espertaron o interese tamén dos responsábeis de museos vinculados ao mundo do mar doutros lugares e países, que se desprazaron até San Cibrao desde Asturias e Euskadi para coñecer esta instalación museística e poder deste xeito intercambiar información e manter contactos de cara a futuras colaboracións.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



