Lugo, 18 de decembro de 2015.- O portavoz do Grupo Popular no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, pediu o apoio para o Partido Popular no último día de campaña. “Se gaña Rajoy, gaña España e gañamos todos”, afirmou. Barreiro fixo estas declaracións nun acto con simpatizantes celebrado en Portomarín.
O dirixente popular mostrouse convencido da vitoria do PP nas urnas pero recordou que só unha maioría forte do PP evitaría un goberno de extrema esquerda. “Se Mariano Rajoy non ten unha maioría clara, España está en risco de caer baixo un goberno do PSOE e Podemos, co apoio de independentistas”, aclarou.
Neste sentido José Manuel Barreiro recordou “que non é unha falsa alarma” porque xa o fixeron noutros concellos e Comunidades Autónomas. “Agora a esquerda está máis mobilizada que nunca, por iso necesitamos a confianza e o voto de todos aqueles que queiran unha España unida, forte e respectada en todo o mundo”.
Barreiro subliñou que hoxe España é un país mellor que fai catro anos porque “onde antes había crises e paro, agora hai emprego e recuperación”. “Conseguímolo co esforzo de todos, por iso non podemos tirar pola borda estes catro anos de sacrificios”.
O candidato ao Senado por Lugo explicou que “a lei electoral pode xogar malas pasadas se votas a un partido sen opcións reais de vitoria”. Sinalou que un voto a Ciudadanos pode favorecer, sen querelo, ao PSOE e a Podemos. “A única forma de que o voto conte é apostar polo Partido Popular, é o único voto útil”, matizó.
José Manuel Barreiro insistiu en que este domingo “necesitamos unha gran mobilización para que siga gobernando a moderación, a sensatez, a estabilidade, o crecemento e o emprego”.
Conseguir un país de oportunidades e benestar
Pola súa banda, o Candidato popular ao Congreso por Lugo, Joaquín García Díez, pediu o apoio para o Partido Popular para consolidar a recuperación e alcanzar unha meta ambiciosa e realista: 20 millóns de persoas traballando en 2020. ?Pídovos toda a vosa confianza para terminar a tarefa que iniciamos fai catro anos, para conseguir un país de oportunidades e benestar?, concretou.
“Alguén cre que un goberno do PSOE entregado ao extremismo de Podemos pode traer algo bo a España?”, preguntou García Díez quen a continuación explicou que só traería paro, recesión, ruptura da unidade nacional e o fin da España constitucional que coñecemos e que nos deu os mellores anos da nosa Historia.
Recordou que “mentres uns afunden todo o que tocan” e outros pretenden ser presidentes cando “nin sequera teñen media hora de xestión ás súas costas”, Mariano Rajoy é un líder que asegura o emprego, a sanidade, a educación e a subida das pensións.
Joaquín García Díez mostrouse convencido de que o PP vai gañar as eleccións pero pediu o apoio de todos para conseguir “unha maioría ampla, unha gran diferenza co resto de partidos que nos permita asegurar un Goberno estable para España”.
Antes de visitar Portomarín, García Díez e José Manuel Barreiro pasearon polo centro da cidade de Lugo, acompañados polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. No último día de campaña o candidato ao Senado por Lugo tamén visitou Taboada.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



