Lugo, 28 de decembro de 2015.- O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, fixo entrega este luns dos diplomas de formación en “Envellecemento Activo” destinados ás persoas voluntarias de programas de Intervención Social con persoas maiores, así como a participantes dos proxectos de emprego que organiza Cruz Vermella en colaboración coa Deputación de Lugo. Os cursos, de ‘Psicoloxía aplicada ao Envellecemento’ e de ‘Alimentación, Dietética e Nutrición’, repetíronse en 8 edicións o primeiro e 7 o segundo pola provincia. En total foron 750 horas de formación a 235 persoas. Máis do 80% do alumnado eran mulleres, moitas delas maiores de 50 anos e adicadas ao coidado formal ou informal de persoas maiores, que valoraron moi positivamente a formación recibida.
Esta iniciativa supuxo unha oportunidade única para moitas persoas excluídas da formación reglada que oferta o INEM, xa que para acceder a eses cursos é necesario posuír o título de Competencias Clave e o Celga 3 de coñecementos de galego, requisitos que moitas persoas non cumpren. A formación ofertada pola Cruz Vermella e a Deputación de Lugo permitiulles adquirir ferramentas útiles para o desenvolvemento das tarefas de coidado que xa veñen realizando e poder complementar os seus currículos de cara a busca de emprego.
Os cursos, de 50 horas de duración cada un, tiveron unha demanda altísima e permitiron ao alumnado adquirir ferramentas moi útiles como a xestión do ‘duelo’ ante o falecemento dun achegado, comprender a complexidade do desenvolvemento emocional das persoas anciás, así como os cambios no sistema músculo-esquelético e adquirir coñecementos sobre hábitos saudables de alimentación e as indicacións e contra indicacións das principais dietas terapéuticas.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



