Ribadeo, 22 de xaneiro de 2016.- Ribadeo busca en Fitur a desestacionalización do turismo e tamén as novas tendencias do sector para seguir atraendo a visitantes chegados desde calquera parte do mundo. A concelleira de Turismo, Ana Martínez, fai un balance positivo da presenza de Ribadeo nesta feira, da man da Mancomunidade de Municipios de A Mariña, e tamén dos contactos mantidos pola delegación ribadense.
A edil nacionalista dixo que “un ano máis estamos na feira internacional de turismo en Madrid, en Fitur, dun xeito institucional, buscando e traendo esa información que debemos presentar aquí para todo o mundo. Onte estivemos na presentación da Mariña como destino, dentro do conxunto da Mancomunidade, e aí estivemos apoiando esa nova iniciativa que é o turismo slow, sen deixar de lado todo o que supón este desenvolvemento turístico para toda a comarca”.
Martínez pensa que “a importancia de Fitur é grande; debemos estar aquí porque se non estamos probablemente dea a sensación de que non nos atopamos dentro do mundo do turismo. Entendemos que a feira, aínda que é moi ampla no seu conxunto e en moitas ocasións falamos da pouca presenza que temos dun xeito individual, penso que sería desfavorable ter stands individuais de cada concello porque é mellor promover a forza propia que facemos como destino. Se ben quero destacar que debemos estar tamén como concello para dar valor e potenciar o que significa Ribadeo nos contactos e reunións que se poden manter nesta feira”.
A concelleira de Turismo subliñou “a importancia de que o sector hostaleiro de Ribadeo estivo presente onte aquí da man de varios empresarios apoiando, desde logo, o destino Ribadeo e ese gran motor económico que é o turismo no noso concello. E iso é un importante valor, que entre todos valoremos o que supón o traballo conxunto para que Ribadeo sexa ese destino de Ribadeoxquesi, que presentamos o ano pasado”. A edil aproveitou a ocasión para felicitar a todos os establecementos ribadenses que onte recolleron as súas Q de calidade turística en Madrid.
Ana Martínez indicou que “desde esta Delegación de Turismo estamos facendo unha serie de contactos para buscar esas novas vías para posibles visitantes que desestacionalicen un pouco o turismo, por exemplo a través do Ribadeo Eventos, no que estamos traballando de xeito bastante importante para volver relanzar este medio para que fóra de tempada Ribadeo se converta nese epicentro para que as empresas e as familias poidan vir aquí a facer o seu evento”.
E engadiu: “tamén seguiremos buscando eses novos contactos, esas novas tendencias do turismo para que Ribadeo estea aí porque si, por todo o que vale, por todo o que ten e, desde logo, para que os nosos empresarios, os nosos veciños sigan recibindo ese turismo que cada día nos fai máis importantes non soamente en Galicia senón tamén no resto do mundo”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



