Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2016.- O parlamentario do BNG, Daniel Rodas defendeu unha proposición non de lei instando á Xunta a rexeitar o plan da flota pesqueira 2015 elaborado polo goberno central e remitido á Comisión europea por considerar que potencia o despezamento de barcos en troques de priorizar a actividade pesqueira.
O deputado explicou que no mes de xullo, o goberno español enviou á comisión europea o plan de acción da flota pesqueira 2015 , un documento que cualificou de “demoledor” porque apunta ao número de barcos que deben ser despezados, sen embargo, dixo, o documento non fai referencia aos responsábeis do desaxuste entre a actividade pesqueira e os recursos, ás decisións políticas da Xunta e de Madrid que condenaron ao cerco a unhas cotas miserábeis, a falta de reparto para a volanta que lle permita a viabilidade económica ou a situación das artes continxentadas que lle outorga “catro veces máis” dereitos de pesca a unha embarcación vasca que a unha galega.
Pola súa parte, o portavoz do Partido popular, José Manuel Balseiro presentou unha emenda coa finalidade de actualizar a proposta nacionalista, emenda que o deputado do BNG rexeitou por considerar que o texto reflectía “a mellora das cotas acadadas polo PP”, cotas que o parlamentario do BNG negou e preguntou “a que mellora de cotas se refire vostede, á da xarda, á da sardiña, a pescada ou do bocarte”.
Daniel Rodas lembrou que o Partido popular leva 30 anos gobernando e non presentou ningunha medida para reclamar de Europa a eliminación do principio de estabilidade relativa nin reclamou do goberno do Estado un reparto de cotas que poñan en valor medidas como: o descanso semanal de tres días ou cupos diarios para garantir a actividade e o emprego e nas augas galegas desenvolver unha xestión que permita a viabilidade de artes como o xeito ou potenciar as reservas mariñas como modelo de xestión sustentable.
A Proposición non de lei do BNG acadou o apoio dos grupos da oposición pero foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido Popular.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



