Lugo, 1 de marzo de 2016.- O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o director xeral da Fundación Amancio Ortega, Óscar Ortega, visitaron este martes a área de oncoloxía radioterápica que en breve comenzará a funcionar no Hospital Universitario Lucus Augusti, e que conta cun acelerador lineal de última xeración, cuxa instalación forma parte do equipamento tecnolóxico de última xeración doado pola Fundación Amancio Ortega a través dun convenio de colaboración co Servizo Galego de Saúde, por valor de 17 millóns de euros.
O Sergas está xa a ultimar os derradeiros trámites e a realización das probas para iniciar a actividade do Servizo de Radioterapia do Hospital Universitario Lucus Augusti, que foi dotado cun acelerador lineal de última xeración.
O novo acelerador lineal de electróns do HULA dotará a este centro dunha das tecnoloxías para o tratamento do cancro máis avanzadas que existen actualmente no mercado sanitario. O acelerador lineal de Varian, modelo Clinic, foi instalado nun dos dous búnkers que se habilitaron para este efecto na Unidade de Oncoloxía Radioterápica do Hospital Universitario Lucus Augusti, e forma parte do equipamento tecnolóxico de última xeración financiado pola Fundación Amancio Ortega, a través do convenio de colaboración co Servizo Galego de Saúde.
A súa gran rapidez e precisión na administración das doses de radiación, xunto cos seus mecanismos de seguridade, e os avanzados sistemas de imaxe e compoñentes robotizados dos que vai dotado, convérteno nunha das tecnoloxías máis punteiras contra o cancro. A combinación das súas principais cualidades, rapidez e precisión, permiten tratar os cancros con gran efectividade e seguridade, preservando ao máximo os órganos e zonas sas que os circundan. Ademais, en determinadas patoloxías, os tratamentos vanse beneficiar dunha redución notable na súa duración, o que supón importantes beneficios para o paciente.
Entrará en funcionamento en breve
Tralo proceso de formación dos profesionais que van traballar neste servizo, o HULA poderá atender, en breve, aos primeiros pacientes a tratamento con radioterapia. Segundo os cálculos iniciais do Sergas, a nova área de oncoloxía radioterápica do Hospital Lucus Augusti atenderá a máis de 600 pacientes cada ano.
O Servizo de Radioterapia do Hospital Universitario Lucus Augusti ocupa unha superficie de máis de 1.700 metros cadrados, nos que se inclúen os dous búnkeres cos que contará o servizo (o HULA será dotado nos vindeiros meses cun segundo acelerador lineal), así como salas de consultas, unha sala cun TAC para uso exclusivo deste servizo, salas de espera e zona de citación, entre outros espazos.
A posta en marcha deste novo servizo hospitalario, que completa a ampla carteira de prestacións do hospital lucense, implicou o incremento do cadro de persoal do centro. Neste servizo traballarán dous facultativos especialistas en radiofísica, dous especialistas en oncoloxía radioterápica, un enfermeiro especialista en radioterapia, catro técnicos especialistas en radioterapia, un técnico en coidados de enfermería e outro persoal, como administrativos e celadores.
O Servizo de Radioterapia atópase emprazado fronte ao Servizo de Medicina Nuclear, que tamén dispón de 1.600 metros cadrados, o que fai que entre os dous sumen preto de 3.400 metros cadrados dispoñibles. Ámbalas dúas áreas están preparadas para a súa entrada en funcionamento unha vez se culminen todos os trámites necesarios para poder tratar os primeiros pacientes con absoluta calidade e seguridade.
A posta en marcha destes dous servizos posibilitará que, determinados procesos diagnósticos e terapéuticos, podan realizarse no Hospital de Lugo, nas mesmas condicións que se facían ata agora noutros hospitais. Deste xeito, mellorarase substancialmente a atención sanitaria que se presta aos cidadáns, poranse a disposición dos profesionais da saúde as últimas tecnoloxías diagnósticas e terapéuticas, e incrementarse a produtividade e a capacidade diagnóstica dun hospital de vangarda como o Hospital Universitario Lucus Augusti.






















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



