O domingo 6 de marzo o cinema chega á parroquia de Rinlo coa proxección de ‘A última viaxe do Afiador’. Esta longametraxe documental, que será levada en vindeiros meses a algunha outra parroquia da vila dentro do ciclo Cinema nas parroquias, ten sido nominada en 2015, na duodécima edición dos Premios Mestre Mateo, na categoría de mellor documental e recibiu moi positivas críticas desde a súa estrea en 2013 no festival das Artes Escénicas de Riós.
A última viaxe do afiador relata a vida dos vellos afiadores que saían un día da súa casa detrás da roda para ir polo mundo adiante tratando de ganar un salario para vivir. Eran homes bravos, duros, curtidos de traballar nos campos dunha das zonas máis probes de Europa. Por iso as montañas galaicas cuspíanos ao mundo en viaxe a ningunha parte e coa única compaña do xirar dunha roda.
Tardou tres anos en ver a luz posto que se realizaron numerosas entrevistas aos fiadores de máis idade de Nogueira de Ramuín, San Xoán de Río e outros municipios de Ourense, ademais de Burgos, Palencia e La Habana.
Supón pois, unha moi boa oportunidade de nos achegarmos a este oficio tradicional a través da propia experiencia dos afiadores. A proxección terá lugar na Escola de Rinlo e comezará ás 17.30 horas.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



