9 de marzo de 2016.- O Sor, vía de auga limpa e vivificadora da nosa bisbarra, é o protagonista da próxima actividade de Nordés.
O Sor, ese pequeno río que pasa por ser dos millores conservados de Galiza, precisa da participación activa dos seus cohabitantes e amigos e amigas para que non perda ese título a mans da contaminación e polas agresións que as actividades humanas lle supoñen.
Unha desas formas de loitar pola preservación dese o noso querido e amado Sor é manter un control periódico sobre a calidade das súas augas, o cal Nordés, a través da súa participación no Proxecto Ríos, está facendo dende fai uns anos.
Xunto coas mediciós que se fan para ese coñecemento da situación das augas, Nordés plantexa nesta ocasión a participación de quen queira nun roteiro polas beiras do río. Deste xeito, para o sábado 19 de marzo, dende as 9 e media da mañá, farase unha camiñata dende a ponte das Ribeiras do Sor ata o Refuxo de Ulló, no que poderemos contemplar, no medio do desastre ecolóxico, económico e social que supón o monopolio eucaliptico, un bosque de ribeira case intacto.
Despois do disfrute que supón para os sentidos o contacto coa natureza entrarase, arredor das 12 e media, ó seu coñecemento en máis profundidade coa axuda dos métodos científicos levados a feito por Antonio Martínez, técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais, co que se completará a primeira inspección do rio previstas para o día.
A segunda terá lugar na Ponte Segade sobre as 2 e media da tarde, onde se disfrutará dun xantar colectivo co que cadaquén leve, completando unha xornada de convivencia, intercambio de pareceres e experiencias, e conexión co fermoso e incomparabel río Sor.
Para participares e recibir máis información non deixen de chamar a Ricardo ó teléfono: 653756454 ou poñer mesaxe a Nordés: asociacion.nordes@gmail.com”






















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



