Lugo, 15 de marzo do 2016.- O responsable de Cultura da Deputación de Lugo, o nacionalista Xosé Ferreiro, presentou este martes a programación dos Seráns Culturais para os vindeiros meses. Xunto a el participou tamén na presentación Lucía López, responsable técnica do programa.
Ferreiro explicou que “serán un total de 42 representacións de espectáculos feitos en Galiza, e en galego, que se desenvolverán por diversos Concellos ao longo da provincia de Lugo, buscando consolidar a nosa provincia como un espazo de cultura en todas as disciplinas”, sinalou.
Actividades diversas para público familiar e con entrada gratuíta
O Delegado de Cultura destacou que os Seráns Culturais incluén “moi variadas actividades, desde música, pasando polo teatro, ou a maxia, orientadas a un público familiar” dixo, e abondou, “estes Seráns Culturais beben do grande éxito acadado con esta programación o ano pasado, cunha afluencia continuada de público tanto nas actividades de infantil coma de adultos. Este ano impulsamos unha programación máis ambiciosa ao longo de todas as comarcas lucenses, adaptada á nosa realidade provincial, e que vai traer a Lugo as novidades culturais de primeira calidade que xera o grandísimo talento existente no noso País”.
Ano Manuel María
Ferreiro destacou especialmente a programación que se inclúe nestes Seráns Culturais en torno ao Ano Manuel María, pois na programación contemplánse espectáculos que poñen e valor a vida e obra do poeta chairego tales como “A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna”, da compañía lucense de nova creación Lucecús Teatro ou “Canta o cuco” onde Magín Blanco e Uxía cantan a Manuel María. Así mesmo, o espectáculo “Andando a terra. Uxía canta a Manuel María”, que conta co aval da Casa Museo Manuel María, estará tamén presente na programación destes Seráns Culturais.
Completan a proposta o concerto “Sons de maio…para Manuel María” que o alumnado e o profesorado da Tradescola ofrecerá na Praza de San Marcos o xoves 19 de maio, e tamén o programa “Lingua Viva” que por terceiro ano consecutivo terá como fío condutor o teatro e a danza, implicando a moitas persoas, baixo a dirección artística de Paloma Lugilde de Palimonco Teatro, e que o 17 de maio porá en escea “E foi o trebón”, produto do traballo de obradoiros abertos ao público que se poñerán en marcha durante o mes de abril.
Este venres, primeira actividade
Tal e como informaron desde a Área de Cultura, a programación comezará o vindeiro venres 18 de marzo, con dous pases escolares da peza teatral “A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna”, dos lucenses Lucecús Teatro, que terá lugar no Auditorio Municipal de Outeiro de Rei.






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



