Ribadeo, 16 de marzo de 2016.- A xunta de goberno local ven de concederlle licenza de obra a Mercadona. A firma disporá de seis meses para iniciar as obras para a súa implantación en Ribadeo e de tres anos para concluílas. O investimento que realizará, segundo figura no proxecto, será de 2 millóns de euros. No Concello Mercadona ingresou 70.000 euros en concepto de taxas e de impostos de construción, instalación e obras, segundo deu a coñecer esta mañá o alcalde. Fernando Suárez Barcia subliñou que Ribadeo é un polo de atracción comercial moi importante na Mariña luguesa e no Occidente asturiano.
O rexedor explicou que “na xunta de goberno que celebramos onte á noite, entre outras autorizacións e licencias de obra, demos a do supermercado Mercadona, que levantou desde hai tempo unha certa expectación en Ribadeo, polo que moitos xornalistas levan tempo preguntando”.
Suárez Barcia declarou que este martes, “despois de toda unha tramitación que desde os servizos técnicos e xurídicos lle foron requirindo a esta empresa, finalmente despois de cumprir todo e de adaptarse ao Plan Xeral e ao resto de normativa vixente, a xunta de goberno outorgoulle a licenza de obra. E agora terá seis meses para empezar as obras e tres anos para concluílas. Estas son as regras xerais para todo tipo de licencias de obra, sen prexuízo de que esa empresa queira facelo antes”.
O alcalde dixo: “desde o Concello queremos dicir que para nós ten a mesma importancia calquera das áreas comerciais ou das infraestruturas de comercio e de servizos que xa están en Ribadeo instaladas desde hai tempo como as novas, como é o caso desta, ou outras que puideran vir no futuro. Non estamos nin máis contentos nin máis tristes, pero si constatamos que Ribadeo segue sendo un polo de atracción comercial moi importante, eu penso que o maior de toda A Mariña e, sen dúbida, do Occidente asturiano”.
Sobre o proxecto presentado por Mercadona no Concello Fernando Suárez sinalou que “o investimento será duns 2 millóns de euros e ao Concello de Ribadeo ingresoulle en concepto de imposto de construcións, instalacións e obras (ICIO) e taxas uns 70.000 euros”.
O rexedor engadiu que “ademais desde os servizos técnicos do Concello suxeriron e incluíron como unha obrigación a necesidade de que teña unha alternativa de saída de tráfico para evitar problemas na avenida da Ría de Ribadeo. Polo tanto a empresa ten que custear o aglomerado e a conversión dun camiño cun servizo que a día de hoxe é bastante pequeno, para unhas vivendas e pouco máis, nunha estrada con aglomerado asfáltico, para poder xestionar o tráfico no caso de que teñamos que facer un circuíto circular: de entrada pola estrada principal, a avenida da Ría de Ribadeo, e saída polo súa parte de atrás. Isto é algo que a empresa se compromete a financiar”.
Fernando Suárez recalcou: “sabemos que estas iniciativas económicas xeran emprego e hai un amplo interese por parte de moita xente que pregunta sobre a presentación dos currículos para os traballos. Eu remítome ao que dixo hai uns días a miña compañeira, a tenente de alcalde que leva a área de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, acerca dunha polémica que había sobre onde se entregaban os currículos: tanto para esta iniciativa económica como para calquera outra desde o Concello non xestionamos eses currículos, non seleccionamos a persoal ningún para actividades ou para empresas que non teñan que ver co Concello de Ribadeo; polo tanto os interesados ou interesadas no seu momento entendemos que os deberán levar a eses negocios, a través das súas páxinas web ou dos seus servizos de recursos humanos, completamente alleos ao Concello. O que fai o Concello de Ribadeo, igual que outros Concellos, é ter persoal para axudar a confeccionar os currículos, pero dunha maneira xenérica. Para que non se dean malas interpretacións insisto en que aquí non fan nada os currículos nin para o Mercadona nin para ningunha outra iniciativa comercial de Ribadeo, das que se montaran ou das que se poidan instalar, polo menos na nosa época de goberno”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



