Burela, 23 de marzo 2016.- O alcalde, Alfredo Llano, convida a participar nos actos da Semana Santa á vez que anima a gozar da oferta hostaleira e dos atractivos de Burela.
O rexedor dixo: “o que quero é ofrecer a todo o mundo a oportunidade de achegarse ata Burela a ver cómo é o noso pobo, a facer unha visita ao noso porto, agora xa está o barco-museo Reina del Carmen en plena actividade. Animo a que veñan dar unha voltiña, se puidese ser a mollar un pouco os pés nas praias e a ver a nosa restauración e os nosos hoteis”.
Alfredo Llano convidou “explicitamente e concretamente a unha actividade que penso que está sendo cada vez máis importante como é a celebración da Semana Santa en Burela, na que a partir deste xoves vai haber unha serie de procesións todos os días ata o domingo”.
O rexedor burelés lembrou que este Xoves Santo “temos a procesión da oración na Horta das Oliveiras que é ás dez da noite, o Venres Santo temos a procesión dos Caladiños ou a Dolorosa, que vai ser ás dez da noite tamén e por tanto é un horario que todo o mundo pode participar e pode ver. Realmente cada ano penso que son máis espectaculares na súa forma de organizar e de participar”.
Alfredo Llano engadiu que “temos o sábado a procesión da Virxe da Esperanza que será ás seis da tarde e o domingo para rematar temos a procesión do Encontro que vai ser ás once e cuarto da mañá”.
O alcalde de Burela considera que “é unha boa oportunidade para visitar o noso concello, para ver o que aquí nosoutros podemos ofrecer en tódolos aspectos e tamén que aquel que queira e se sinta atraído poida participar un pouco na nosa Semana Santa”.





















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



