Burela, 30 de marzo de 2016.- O consumo de auga de uso doméstico en Burela decreceu no 2015 nun 4,5%, segundo os datos que este mércores deu a coñecer a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben.
A edil socialista indicou que “ese decrecemento no ano 2015 nun 4,5% con respecto ao 2014, supón que os veciños e as veciñas de Burela rebaixaron o consumo de auga de uso doméstico en 23.971 metros cúbicos. Esta cifra equivale ao consumo realizado nos fogares bureleses durante quince días do ano pasado”.
A taxa de consumo en 2015 situouse en 123 litros por habitante e día, 4 litros por enriba do valor galego correspondente ao ano 2013. Noelia Mª Ben sinalou que “con respecto ao último dato dispoñible a nivel nacional, que é de 2013, a diferenza entre o consumo municipal e a media estatal está en 7 litros. Iso quere dicir que en Burela consumimos un 5,38% menos que a media nacional, que no 2013 acadou o menor valor desde o ano 2000”.
A concelleira de Medio Ambiente subliñou que “no 2015 Burela acadou un consumo de auga medio similar aos máis baixos de España, tales como Ceuta e Melilla (106 litros/habitante), A Rioxa e Comunidade Foral de Navarra (112 litros), Galicia (119 litros), Andalucía (120 litros), Principado de Asturias (122 litros), País Vasco (123 litros) e Murcia (124 litros).
Noelia Mª Ben insiste “na necesidade de que a poboación siga a ser consciente de que todos e todas debemos coidar o noso medio ambiente natural e de que non debemos mal gastar a auga, un ben moi prezado e moi escaso en moitos países do mundo. Animamos á poboación a facer un uso e un consumo responsable da auga. Iso será moi positivo para todos”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



