Lugo, 4 de marzo de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo rexistrou un rogo que foi presentado no último Pleno da Corporación dirixido ao presidente da institución no que lle piden ao Goberno da Deputación que estude a posibilidade de abrir liñas de colaboración para o financiamento dos Grupos de Desenvolvemento Rural.
Os populares trasladaron esta iniciativa ante a próxima creación de seis GDR que abarcarían cada un deles un ámbito territorial concreto e que de xeito conxunto chegarían a toda a provincia, coa finalidade de promover o desenvolvemento local nas zonas rurais.
A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, considera “moi necesaria” a colaboración da Deputación lucense tendo en conta que estes Grupos poñen en marcha importantes proxectos que contribúen ao desenvolvemento económico e social do territorio.
Ademais, a voceira dos populares engade tamén que outras administracións provinciais galegas, como son a da Coruña e a da Ourense, xa colaboran no financiamento dos gastos derivados do funcionamento dos GDR nas súas respectivas provincias.
Segundo conclúe Candia, a Deputación de Lugo ten o deber de contribuír á promoción económica e social da provincia e esta liña de colaboración que “solicitamos dende o Grupo Popular, sería un claro exemplo de implicación da institución coas necesidades da provincia xa que estes grupos aplican estratexias de desenvolvemento para os seus territorios”.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



