Ribadeo, 4 de abril de 2016. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) reuniu en Ribadeo a unha quincena de mestres que participarán no proxecto de Coñecemento e Innovación na FP viaxando a diversos países europeos nas vindeiras semanas. Esta xuntanza previa á mobilidade tivo lugar o sábado pasado nas instalacións do hotel O Cabazo.
As vindeiras saídas formativas de Apaga serán as seguintes: “a de Estonia, que vai ser do 10 ao 16 deste mes; á República Checa, que será do 12 ao 29; a Croacia, do 17 ao 24; a Portugal, do 18 ao 24; e por último a de Italia, que vai ser do 24 de abril ao 1 de maio. Con isto pecharase este ciclo de saídas, aínda que o proxecto sigue vivo e estase neste momento traballando para pedir unha ampliación porque houbo moita xente que quedou fóra, sen posibilidade de entrar nesta primeira fase. Entón esperamos que nos dean algunha praza máis para poñer en marcha a segunda fase en setembro ou outubro, para o que hai que ter en conta tamén as condicións meteorolóxicas nalgúns países aos que é complexo viaxar en determinadas épocas do ano”, segundo explicou hai uns días o presidente do colectivo, Álvaro Doural.
Tamén o sábado se celebrou en Ribadeo un novo curso de formación continua para socios de Apaga, que neste caso estivo dedicado á diagnose mediante osciloscopio. Xa no pasado mes de marzo se celebrou outra fin de semana tecnolóxica, organiza por Apaga, que seguirán en maio e xuño con máis actividade.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



