O PSOE Ribadeo, seguindo co seu obxectivo de informar aos cidadáns e cidadás sobre temas de interese xeral, organiza unha charla sobre o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas que será impartida pola Secretaria Xeral, Aurora González Ginzo, funcionaria na oficina de Facenda de Foz, o vindeiro venres 8 ás 20.30 horas na Casa do Mar.
Comida anual da Agrupación Municipal Socialista
Ademais, invita a afiliados, afiliadas e simpatizantes á comida anual da Agrupación municipal que se celebrará o próximo 17 de Abril no Hotel-Restaurante Voar en honor ao 85 aniversario da II República. As tarxetas para a reserva xa están á venda no propio Restaurante Voar, en “A Tapería” e na sé da Agrupación, cun custo de 20 euros para os/as adultos/adultas e 10 euros para os pícaros e pícaras.