Ribadeo, 6 de abril de 2016.- A Casa do Concello acolleu este mércores a presentación das Xornadas Astur-Galaicas de Podoloxía Pediátrica que se desenvolverán os vindeiros día 22 e 23 de abril. Máis de 150 podólogos se reunirán no auditorio municipal Hernán Naval e abordarán as últimas novidades na materia.
O alcalde, Fernando Suárez, salientou que “agradecemos profundamente que escollerades Ribadeo para levar adiante estas xornadas a finais deste mes. Desde o Concello e desde Ribadeo, que na Semana Santa ten moita xente e no verán tamén, gústanos tanto estas iniciativas que escollen Ribadeo como marco e lugar de congresos como neste caso o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia para a celebración destas Xornadas Astur-Galaicas de Podoloxía Pediátrica”.
O rexedor dixo que “temos esta iniciativa que se chama Ribadeo de Congresos porque nosoutros queremos dar o noso grao de area para que veñades a Ribadeo. Para facérvolo máis atractivo vos ofrecemos os recursos públicos que temos, sempre que estean libres, como é o caso do auditorio”.
Suárez Barcia engadiu que “tamén contribuímos na medida das posibilidades que podemos para que a vosa xente ademais de vir aquí a adquirir coñecementos e reciclarse, tamén e bo momento para ter algún tempo libre e comer nos nosos restaurantes, ver o noso casco vello, ver esta praia das máis internacionais do mundo como é a das Catedrais, e aproveitar para facervos unha visita por todo o noso litoral. É un litoral moi bonito que escapou das gadoupas do cemento e do ladrillo. Hai uns anos éramos tildados dun pouco bobos por facer así e agora é unha honra que temos nós que poidamos facelo así e levarvos por toda a costa de Ribadeo, á praia das Catedrais e ver un pouco cómo é o noso concello”.
O alcalde ribadense manifestou finalmente estar “dobremente satisfeito por cuestións de índole técnica, xa que seguramente teñades aquí un importante elenco que van dar os últimos métodos de podoloxía, e porque gocedes da nosa hostalaría, a nosa restauración, os nosos hoteis e de Ribadeo”.
O evento está organizado polos Colexios Oficiais de Podólogos de Galicia e de Asturias. Os profesionais que asistirán a esta cita abordarán cuestións como a marcha en adución infantil, o pe plano infantil flexible e non flexible ou o coidado do pe do neno.
Haberá unha charla divulgativa aberta a todo o público en xeral, que pronunciará Roberto Pascual, podólogo e profesor titular da Universidade Miguel Hernández de Elche. Será o 22 de abril ás 16:30 horas e versará sobre El pie plano infantil desaparece con el crecimiento y otros mitos que todo padre debería conocer.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



