Burela, 7 de abril de 2016.- O CD Burela FS Pescados Rubén ten este venres unha cita co destino en El Cabanyal (20.00 horas), fronte ao Levante UDDM, un partido decisivo na 27ª xornada de Primeira LNFS para seguir in crescendo no periplo cara aos play off. “Afrontamos o partido en boas condicións, nun bo momento de xogo; é un partido esencial para manter intactas as ilusións do play off” adiantaba Antoñito, encargado de abrir o marcador no triunfo fronte aos valencianos na Mariña (5-1) e autor do único tanto laranxa da semana pasada ante o titánico Movistar Inter.
Tres puntos con moitísimo en xogo, co play off no horizonte para os burelistas antes dos retos ante ElPozo Murcia (16 de abril) e Barcelona (22 de abril) e o distanciamiento da zona baixa para os valencianos; fronte á novena praza (34 puntos) e empatado coa oitava do Peñíscola, o Levante ocupa a décimo terceira (22 puntos). “Creo que será un partido máis complicado que na primeira volta; houbo cambio de adestrador e atoparemos un equipo diferente, con outra actitude e mentalidade. Xa llo puxeron difícil ao Palma na última xornada e na casa estarán con máis ganas aínda. Nós temos que manter a nosa dinámica” explicaba o 23 laranxa en vésperas do encontro.
A expedición partirá esta tarde ás 20.30 horas. Daniel Ibañes cumprirá no Cabanyal o segundo e último partido de sanción. Regresarán á convocatoria Chano, tras 1 encontro de suspensión, e Isi, superadas xa as súas molestias no xeonllo. No apartado de ausencias, a Matamoros súmanse Hélder, con 4 partidos de sanción pola vermella directa sobre Rivillos a semana pasada, e Bruno Petry, que se viu obrigado a retirarse onte no amigable ante Guatemala.
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge, 20. Chino, 23. Antoñito, 27. Renato
Burela FS 3-0 Guatemala
O equipo de Daniel Ibañes impúxose este mércores 3-0 na visita da Selección de Guatemala a Vista Alegre, con Tomás de Dios á fronte. Chino, na primeira parte, e Jorge e Renato, na segunda, foron os artífices dos tantos laranxas. “Foi un bo partido de adestramento para mañá no que os máis novos estiveron ben, no que competiron bastante ben tendo en conta que era a súa primeira vez co equipo” explicaba o técnico burelista.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
